Temas: SAN XOáN

Galicia rexistra 250 incidencias na noite de San Xoán

A maioría delas debéronse a fogueiras descontroladas, á inxesta excesiva de alcol, a pelexas e a persoas feridas por queimaduras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2017 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou durante esta noite de San Xoán, concretamente entre as 00,00 e as 8,00 horas, un total de 250 incidencias. A maioría delas debéronse a fogueiras descontroladas, á inxesta excesiva de alcol, a pelexas e a persoas feridas por queimaduras.

Hoguera de San Juan
Hoguera de San Juan | Fonte: Europa Press

Todo iso, explicaron desde a Xunta, requiriu a solicitude de ambulancias e a presenza das forzas da orde e dos bombeiros nalgúns casos.

En concreto, a cidade que rexistrou máis incidencias foi A Coruña, con 35; seguida por Vigo, con 21; e a localidade de Nigrán (Pontevedra), con 10. Na cidade herculina, concretamente na praia das Lapas, unha muller queimouse unha man; mentres que na praia de Samil, en Vigo, unha persoa queimouse ao tratar de saltar unha fogueira.

Pola súa banda, en Padrón (A Coruña) producíronse sete incidencias; en Oleiros, seis; e en Santiago, cinco. En concreto, unha persoa cravouse un cravo ao tratar de saltar unha fogueira na Praza do Matadoiro.

En Sanxenxo e Cangas (Pontevedra) rexistráronse cinco incidencias, mentres que na localidade coruñesa de Arteixo e na pontevedresa de Poio, catro.

Tamén na noite de San Xoán, un coche caeu nas vías do tren en Foz (Lugo), pero, afortunadamente, ninguén resultou ferido.

Temas: SAN XOáN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta