Aberta a convocatoria de subvencións da Agadic para proxectos audiovisuais, que este ano conta con 200.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abriu a convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega cunha dotación de 200.000 euros. O prazo de solicitude manterase aberto ata o luns 17 de xullo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2017 | Actualizada ás 14:26 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abriu a convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega cunha dotación de 200.000 euros. O prazo de solicitude manterase aberto ata o luns 17 de xullo.

Nun comunicado, a Consellería de Cultura explicou que esta liña de apoio diríxese "especificamente" a "favorecer a posta en marcha de novas longametraxes cinematográficas e produtos televisivos", apoiando economicamente os traballos previos ao proceso de produción.

A través destas axudas, a Agadic "acompañará" ás produtoras independentes galegas "desde o momento no que empezan a preprodución dos seus próximos traballos". Proxectos que, tras o seu posproducción e chegada ás pantallas, poderán optar en anos seguintes ás subvencións da Xunta para produción e coprodución audiovisual, así como a outros fondos estatais e europeos.

Así, esta liña de subvencións vai dirixida a películas, series e miniseries de ficción para cinema e televisión. Tamén se inclúen películas e series de animación, documentais tanto para cinema como para televisión e pilotos de programas televisivos de formatos innovadores.

NOVIDADES

Como novidade, este ano teranse en conta os gastos relativos a dereitos e asesorías relacionados co guión, o persoal, a produción e o gasto xurídico e de asesoramento contable. Ademais, reservarase unha porcentaxe concreta para gastos xerais e imprevistos.

Outra das novidades será a posibilidade de que cada solicitante poida resultar beneficiario destas subvencións para un máximo de dous proxectos, así como o incremento ata o 75% do orzamento para o proxecto.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

Para a súa adxudicación, unha comisión puntuará cada unha das solicitudes de acordo ás bases, que se poderán consultar no Diario Oficial de Galicia.

Así, Cultura informou que os criterios de valoración que se terán en conta serán a calidade e orixinalidade do guión, a traxectoria da produtora, do director e do guionista; a viabilidade do proxecto e a súa potencial internacionalización, ademais da súa contribución ao "fomento do sector audiovisual galego e da cultura e lingua galegas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta