Temas: BOMBEIRO

“É inadmisible que a un deputado provincial se lle negue a entrada a unha instalación pública”

Xosé Lois Jácome, voceiro da Coalición Son na Deputación de Pontevedra, denuncia que se lle prohibe entrar nos parques de bombeiros.

Por Galicia Confidencial | O Porriño | 24/06/2017 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O deputado provincial Xosé Lois Jácome, voceiro da Coalición Son na Deputación de Pontevedra, quedou fóra dunha visita programada ao Parque de Bombeiros do Porriño, xa que "a institución provincial permanece nun absoluto silencio administrativo, sen deixar entrar a Jácome nos parques de bombeiros" da provincia, denuncia Coalición Son.

Xosé Lois Jácome, no Parque de Bombeiros do Porriño.
Xosé Lois Jácome, no Parque de Bombeiros do Porriño.

De novo, o deputado provincial pregúntase "que ten que ocultar a xerencia e Matinsa para negarlle a entrada deste xeito a un representante público".

A isto, di, "tamén se lle suma a tardanza nas respostas ás preguntas feitas por este deputado hai meses, nunha situación que se está volvendo insostible, pois se incumpren prazos administrativos con total impunidade".

Jácome cofésase "indignado" polas respostas da xerencia, xa que nelas dise que "Matinsa non incumpre o contrato, cando está demostrado que si o fai e existen numerosos indicios de que dito incumprimento podería ser incluso máis grave do que sabemos", argúe o deputado provincial.

Por outra banda, antes da entrada de Matinsa, os bombeiros da provincia tiñan até catro unidades específicas en marcha e funcionando: a unidade canina, a de rescate en altura, buceo e a de NRBQ (Nuclear, Radiolóxica, Bacteriolóxica e Química). Mais segundo a xerencia, nunha resposta a unha pregunta formulada por Xosé Lois Jácome, di que estas unidades sempre foron ‘semiprofesionais’, tamén argúen, no caso da unidade cinolóxica, que os cans nunca foron propiedade do consorcio.

“Estes argumentos tan pobres demostran o desmantelamento dun servizo público que estaba funcionando grazas á vocación e a profesionalidade do corpo de bombeiros que temos na provincia”, di Jácome.

Precisamente, unha das reivindicacións do persoal do servizo contra incendios é a definición de competencias, condicións laborais, formación e compensación necesaria para efectuar as tarefas dentro das unidades específicas. Porén, "Matinsa négase, desmantelando un servizo profesional que viña funcionando até o de agora, e do que a propia Xunta, en agosto do 2011 presumía nun comunicado oficial", lemgra Jácome.

Dende a Coalición Son din que seguirán denunciando estas "prácticas de oscurantismo e falta de transparencia" e Jácome volverá presentar por rexistro outra solicitude de permiso de visita aos parques de bombeiros, ademais de denunciar os indicios de incumprimento de contrato por parte de Matinsa e o consentimento da actual xerencia e do goberno da Deputación, que "en lugar de defender á clase traballadora, defenden á patronal", denuncia.

Temas: BOMBEIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Nonvospreocupar

Algo que dicir sobre os bombeiros? Non? Pois a pastar con Mosquera. Independentista de toda a vida.

1 comunista independentista

Non gusta que un independentista de esquerda sexa deputado provincial, e punto.

1 Comunista de Botín

Que dis independentista de esquerda, se é dos teus un filomareantepodemita.