Galicia exporá este luns en Bruxelas a estratexia de investimento de fondos europeos no sector do mar

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, exporá este luns, 26 de xuño, en Bruxelas a estratexia de investimento de fondos europeos da Xunta no sector marítimo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2017 | Actualizada ás 07:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, exporá este luns, 26 de xuño, en Bruxelas a estratexia de investimento de fondos europeos da Xunta no sector marítimo.

Así, Quintana participará no VII Foro de Cohesión da UE, nun evento ao que foi convidada pola Dirección Xeral de Política Rexional da Unión Europea (DX Rexio).

En concreto, intervirá nun taller relacionado co máximo aproveitamento dos investimentos públicos, que terá lugar ás 17,00 horas na sala Mansholt do edificio Charlemagne da Comisión Europea.

O Foro de Cohesión é un encontro político que se celebra cada tres anos centrado nos retos da UE, e que neste caso reunirá a máis de 700 persoas os días 26 e 27 de xullo, incluídos de alto nivel das institucións europeas, gobernos, representantes rexionais e locais.

Algúns dos encargados de pronunciar as principais intervencións serán o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, e o presidente do Parlamento Europeo, Antonio Tajani.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta