Rural.- Activo un incendio forestal en Melón (Ourense), o segundo que afecta á parroquia de Quins esta semana

Un incendio forestal permanece activo desde as 01,14 horas da madrugada do domingo na parroquia de Quins, situada no municipio ourensán de Melón, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2017 | Actualizada ás 11:23 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un incendio forestal permanece activo desde as 01,14 horas da madrugada do domingo na parroquia de Quins, situada no municipio ourensán de Melón, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Incendio de Cotobade (Pontevedra)
Incendio de Cotobade (Pontevedra) | Fonte: Europa Press

Segundo as primeiras estimacións, as lapas afectan xa a máis de 20 hectáreas. Nas tarefas de control participan cinco axentes, nove brigadas, oito motobombas e unha pa, así como efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

Trátase do segundo incendio forestal declarado na parroquia de Quins en apenas uns días. O pasado mércores quedou extinguido un lume logo de calcinar 111 hectáreas de superficie arboredo e 48 de monte raso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta