Tres motoristas feridos este domingo nas estradas galegas

Un total de tres motoristas resultaron feridos este domingo nas estradas galegas. De feito, o 112 Galicia rexistrou nas últimas horas ata tres accidentes de consideración nos que se viron implicados motoristas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2017 | Actualizada ás 17:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un total de tres motoristas resultaron feridos este domingo nas estradas galegas. De feito, o 112 Galicia rexistrou nas últimas horas ata tres accidentes de consideración nos que se viron implicados motoristas.

Na Coruña, un motorista resultou ferido despois de que a moto na que circulaba chocase contra un coche. O sinistro tivo lugar na rúa Juan Darriba.

Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 ás 11,20 horas desta este domingo para dar conta do ocorrido. O persoal da central de emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros da Coruña. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Mentres, en Lugo, un motorista resultou ferido ao sufrir unha caída. Ocorreu na N-V, na zona de Tirimol. Foi unha persoa particular quen alertou da situación ao 112 ás 12,20 horas deste domingo.

O persoal da central de emerxencias informou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Lugo, así como a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Por último, un motorista resultou ferido de carácter leve en Tomiño nunha colisión entre a súa moto e un vehículo. O sinistro tivo lugar na Avenida de Gondomar.

Foi unha persoa particular quen chamou ao 112 Galicia ás 11:10 horas deste domingo. Pola súa banda, desde a central do 112 alertouse a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Baixo Miño e ao GES da Guarda. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

O motorista foi evacuado a un centro hospitalario como medida preventiva.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta