Rural.- Controlado o incendio de Melón (Ourense), que afecta a 20 hectáreas

O incendio que afecta á parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón, quedou controlado ás 15,12 horas deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2017 | Actualizada ás 17:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O incendio que afecta á parroquia de Quins, no municipio ourensán de Melón, quedou controlado ás 15,12 horas deste domingo, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións, as lapas calcinaron xa máis de 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participan seis axentes, 15 brigadas, 12 motobombas, unha pa e un helicóptero, así como efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES).

Este é o segundo incendio forestal declarado na parroquia de Quins en apenas uns días. O pasado mércores quedou extinguido un lume logo de calcinar 111 hectáreas de superficie arboredo e 48 de monte raso.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta