Temas: PORTUGAL LUMES

Portugueses destacan a solidariedade dos galegos coas vítimas dos lumes

Enchen dous camións con material recollido no Alto Miño portugués e Galicia para Pedrógão Grande.

Por Galicia Confidencial | Viana do Castelo | 26/06/2017 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Dous camións con distinto material recollido no alto Miño portugués en en Galicia foron enviados esta fin de semana desde Viana do Castelo con destino a Pedrógão Grande para apoiar as vítimas dos incendios que acabaron coa vida de 64 persoas e 200 feridos.

Mobiliario, roupa de todo o tipo, xoguetes, utensilios domésticos, medicamentos, racións para animais e outros obxectos foron concentrados os últimos días en dous puntos de recollida. Un en Viana do Castelo, no cuartel dos bombeiros municipais e o outro nos bombeiros voluntarios de Valença. Foron moitas as asociacións implicadas neste proxecto, desde a Cáritas Diocesana, a agrupacións diversas.

En declaracións á Radio Alto Minho o Comandante Distrital de Operacións de Socorro (CODIS), Marco Domingues, explicou que un dos vehículos transporta donativos recollidos polos bombeiros voluntarios de Valença, "máis do 50% facilitados pola população da Galiza".

Houve uma adesão enorme da população galega o que nos deixa muito satisfeito. Toda a gente colaborou. Desde pequenos a grandes empresários, pessoas individuais a instituições. É uma lista enorme. É uma operação transfronteiriça que excedeu muito as expectativas”, dixo, destacando a solidariedade da empresa de transportes João Pires que manifestou "toda a dispoñibilidade", cedendo os dous vehículos pesados para transporte dos bens.

Camións con material recollido en Galicia e no Alto Minho portugués para os afectados polos lumes
Camións con material recollido en Galicia e no Alto Minho portugués para os afectados polos lumes | Fonte: RAM

Temas: PORTUGAL LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Españolistas dades noxo

Falar a mesma lingua fai que nos entendamos mellor, é todo.

1 antiparvos

Tres millóns de españoles van a portugal todolos anos e entendense igual, non fai falta ser unha copia do portugués para entender un idioma.

2 agRm

Que tres millóns de españois van a portugal e entenden todo?? Polo carallo arriba... non entenden nada, e ademais teñen fama de maleducados e prepotentes, cousa cos galegos non.

3 Outro máis

E dous millóns de arxentinos fan turismo en Brasil, e entenden igual, e van os portuguses a traballar a españa e igual. O de sustituir o galego por portugués, cando xa se entende é de parvos, do nacionalismo de parvos que hai en Galicia.

4 mais_ou_menos

Unha cousa, outro máis,¿vostede de dónde saca o de "sustituir"? Outra cousa: ¿Non é de parvos que se, segundo vostede, dous millóns de turistas arxentinos fan turismo en Brasil e "entenden igual", catro "peliculeros" de GB non entendan nin as sináis de tráfico en galego?