O BNG acusa a Audasa de non respectar as franxas de seguridade forestal e a Xunta asegura que fará "cumprir a lei"

Pontón carga contra o Executivo autonómico por non facer "nin un só requerimento" á concesionaria da AP-9

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2017 | Actualizada ás 16:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou este luns a Audasa de non cumprir coas franxas de protección forestal nas marxes da AP-9, á vez que denunciou que a Xunta non realizou "nin un só requerimento" á concesionaria "para que cumpra" coa lei.

Atasco na AP-9
Atasco na AP-9 | Fonte: Europa Press

Minutos despois, tamén este luns en Santiago, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, foi cuestionada pola denuncia da formación nacionalista. Así, defendeu que o Goberno galego notificou a esta compañía, do mesmo xeito que a outros organismos, que "debe cumprir a lei", "e Audasa non é ningunha excepción".

Nunha comparecencia de prensa celebrada na mañá deste luns na sede nacional do BNG, Pontón expresou que a AP-9, unha infraestrutura "que atravesa de arriba a abaixo" a vertente atlántica de Galicia, está "rodeada dunha parte moi importante de eucaliptais e piñeirais".

Deste xeito, acusou á concesionaria da Autoestrada do Atlántico de non cumprir coas franxas de seguridade que establece a lei e, así mesmo, carga contra a Xunta por non facer nada respecto diso.

"Non entendemos como non hai un só requerimento a Audasa para que cumpra coas franxas de protección. Non é de recibo que a Xunta non faga absolutamente nada ante este tema", incidiu Pontón.

A XUNTA GARANTE QUE HABERÁ SANCIÓNS PARA QUEN INCUMPRA

Posteriormente, a preguntas da prensa acerca da denuncia do BNG sobre Audasa, a conselleira de Medio Rural lembrou que se notificou a esta compañía, do mesmo xeito que a outros organismos, que "debe cumprir a lei", "e Audasa non é ningunha excepción".

"Máis clara eu non podo ser, Audasa ten que saber que ten que cumprir igual que o temos que facer cada un dos cidadáns", deixa claro.

Neste sentido, subliña que no que vai de ano "mandáronse máis notificacións" a diversos organismos que "noS catro anos anteriores".

"O que queremos é primeiro informar e, a partir de aí, se hai incumprimentos sÍ que se procederá a facer as sancións, pero para todo o mundo, Audasa e cada un dos organismos e institucións que estean nos territorios", deixa claro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta