Temas: HOMOFOBIA LGTBI

"Ataque homófobo no que participou a alcaldesa de Forcarei"

A ver quen conseguía bicar na boca a un rapaz que andaba montando a celebración do Día do Orgullo. Esta é a burla que montaron a alcaldesa de Forcarei e os seus subordinados, segundo denunciou o BNG no Parlamento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2017 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

O deputado do BNG por Pontevedra Luís Bará presentou diversas iniciativas co fin de que o Parlamento de Galicia declare "a súa máis enérxica condena" contra "as vexacións e humillacións homófobas" sufridas por un mozo, segundo recalca, nunha cea na que participaba a alcaldesa, Belén Cachafeiro (PP), acompañada da súa secretaria particular e persoal municipal.

Belén Cachafeiro
Belén Cachafeiro | Fonte: Bené Riobo Wikimedia

Nun comunicado, o parlamentario explica que, na celebración do persoal municipal, a secretaria particular de Cachafeiro chamou a un mozo que se atopaba traballando na organización da festa do Orgullo.

Segundo relata, o obxectivo do requirimento ao mozo formaba parte dun reto no que se xogaba unha cea se un traballador do concello conseguía darlle un bico na boca ao mozo.

Estes feitos, asegura Bará, producíronse "nun ambiente de xoldra e burla" que acabou co devandito traballador do concello bicando ao mozo na boca. O propio mozo sacou á luz o ocorrido e "o ataque homófobo" do que foi obxecto.

Para o deputado do BNG, estes acontecementos supoñen "un acto grave e vexatorio contra unha persoa pola súa condición sexual", agravado por "a presenza e consentimento da máxima responsable do concello".

Por iso, insta o Goberno galego a condenar con firmeza este acto que contou --remarca-- "coa participación directa" da rexedora de Forcarei.

Temas: HOMOFOBIA LGTBI
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Tete

Con esa ca ra de zo rra que vas a esperar

2 Xesús Ateo Recalcitrante

Menuda impresentable esa alcaldesa! E o PP, como é de esperar, non lle dirá nada nin tomará medidas; porque aínda que teñan coñecidos homosexuais nas súas filas son incapaces de defender a liberdade de identidade de xénero (incluídos os seus sfiliados homosexuais). Lixo!

1 anonimo

Non acabo de entender moi ben o motivo polo que en GC, que me parece un espazo gayfrienly, nunca se toca o tema do VIH. En España o 83% dos novos diagnósticos corresponden a homes que teñen sexo con outros homes (HSH). Estes, con ou sen VIH, en Galicia padecen diversos problemas como a carencia de centros ITS onde facer chequeos anuais e cortar a transmisión de ITS, que por exemplo cusan de xeito silente nas cavidades anorrectal e orofarinxea, na maior parte dos casos; carencia de lugares (coa excepción do Álvaro Cunqueiro) onde se poida facer un cribado anual do cáncer anal que provoca o virus do papiloma humano en homes, prevalente en HSH e especialmente en seropositivos, etc. Hai moitos temas de interés e que se poden tocar.