Xunta e Feuga organizan unhas xornadas en xullo sobre as dúas principais patoloxías que afecta á vide

Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e a Xunta, a través do Insituto Galego de Calidade Alimentaria, organizan unha serie de xornadas para difundir as últimas investigacións sobre as principais patoloxías que afectan á vide: as enfermidades da madeira e a flavescencia dourada.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2017 | Actualizada ás 21:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) e a Xunta, a través do Insituto Galego de Calidade Alimentaria, organizan unha serie de xornadas para difundir as últimas investigacións sobre as principais patoloxías que afectan á vide: as enfermidades da madeira e a flavescencia dourada.

Ao longo do mes de xullo terán lugar unha serie de actividades e talleres, así como unha conferencia internacional para explicar as prácticas de xestión máis innovadoras identificadas "entre viticultores, técnicos, asesores e cooperativas".

Estas terán lugar entre o 6 e o 20 de xullo na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) en Leiro (Ourense). Logo será a quenda da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía Galicia (EVE) de Ribadumia (Pontevedra), que acollerá a segunda quenda de actividades entre o 7 e o 21 de xullo.

A iniciativa corresponde a un proxecto chamado 'Winetwork' no que participan dez rexións europeas e que ten por obxectivo avanzar no tratamento e detección das patoloxías que afecta os viñedos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta