O padroado da Fundación Galicia Europa reunirase o vindeiro martes en Bruxelas

O vindeiro martes terá lugar na capital belga, Bruxelas, a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, que servirá para aprobar as contas de 2016 desta entidade e, ademais, abordará os retos que se presentan no futuro no panorama europeo.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2017 | Actualizada ás 08:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vindeiro martes terá lugar na capital belga, Bruxelas, a reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, que servirá para aprobar as contas de 2016 desta entidade e, ademais, abordará os retos que se presentan no futuro no panorama europeo.

Segundo informou a Xunta este domingo, o vicepresidente autonómico, Alfonso Rueda, será o encargado de presidir o encontro. Antes, os membros do padroado reuniranse cos deputados galegos do Parlamento Europeo e co Embaixador Representante Permanente de España ante a Unión Europea.

A Fundación Galicia Europa é unha entidade instrumental do sector público autonómico, creada en 1988, que ten como obxectivo promover accións que fomenten o achegamento entre Galicia e Europa.

Ao longo dos seus case 30 anos anos de historia, o traballo da Fundación centrouse na defensa dos intereses de Galicia ante a Unión Europea (UE), a divulgación de información e a sensibilización sobre a UE en Galicia, así como na promoción da participación galega en proxectos europeos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta