O sector do metal paraliza a actividade dos polígonos industriais da provincia da Coruña

Éxito na segunda xornada de folga para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2017 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O sector do metal mantén paralizada boa parte da actividade dos polígonos industriais da provincia da Coruña nunha segunda xornada de folga para esixir o desbloqueo da negociación do convenio colectivo.

Piquete da folga do metal en Santiago
Piquete da folga do metal en Santiago | Fonte: Europa Press

CC.OO. subliña o "éxito" deste novo día de paro, con diferentes actos reivindicativos na Coruña, Ferrol e Santiago.

Na capital galega, como no resto de localidades, os sindicatos despregaron piquetes informativos. UGT, Comisións e CIG critican que a patronal "se negue" a incluír nos novos convenios aspectos como a subrogación do persoal, a articulación de mecanismos de "fiscalización" do labor das mutuas no tocante ao control da seguridade laboral e os acordos sectoriais como o das auxiliares de Navantia.

Tamén esixen unha cláusula de revisión salarial "que garanta o poder adquisitivo" por encima do IPC, a activación dos pluses de antigüidade e xefatura de equipo, un "maior control" sobre as ETT e chegar a unha porcentaxe "mínima" de contratos indefinidos do 60%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Galiza pola liberdade

ninguen do traidor podreiros esta nesta loita... PODREIROS METEU O PP NO GOBERNO!!!! a rata mareada e PPestifera.... PODREIROS ESTA GOBERNANDO ATRAVES DO PARTIDO POPULETA!!!, o pobo xa sabe quen e o seu amigo e o seu enemigo, xa sabe que fixeron nestes anos os anovados, podreiros, e esquerdo la unitaria... e os deputados, senadores e demais escoria expañolenta están vivindo como deuses a costa do traballador, son autentico parasito social... autentica escoura chuchasangues...