O 90% das xornalistas da prensa tradicional traballa en condicicións de precariedade

Un estudo estatal sobre a fenda de xénero nos medios de comunicación alerta da "discriminación sistemática das mulleres xornalistas”, que seguen ocupando os postos e percibindo os soldos máis baixos malia estar mellor preparadas. Porén, o estudo salienta o papel dos medios nativos dixitais no progreso das mulleres que traballan neste sector, en contraste coa discriminación que sofren nos medios impresos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Existen claras evidencias de discriminación sistemática das mulleres xornalistas operando a varios niveis" nos medios de comunicación, onde "os homes aínda ocupan tres cuartas partes dos cargos de máxima responsabilidade xerencial e dous terzos dos postos de toma de decisións sobre os contidos". Esta é unha das conclusións dun estudo estatal sobre a realidade das muller xornalistas titulado “Women journalists in Spain: An analysis of the sociodemographic features of the gender gap”.

Mulleres xornalistas
Mulleres xornalistas | Fonte: periodismociudadano.com.

Os resultados confirman, segundo os autores do estudo, que os homes mandan principalmente nos medios tradicionais, onde as mulleres ocupan os postos e reciben os salarios máis baixos, malia que elas teñen mellor formación académica e maior nivel de estudos e capacitación para a práctica do xornalismo. En concreto, o 88,2% das mulleres que traballan en prensa convencional ocupa os postos máis baixos. Porén, as mulleres tenden a ocupar cargos de maior responsabilidade editorial nos medios dixitais, onde se observan maiores avances cara á igualdade, salientan os investigadores.

Os autores do estudo detectaron distintos niveis de desigualdade, identificando como o primeiro o que incumbe tanto á menor presenza de altas directivas na cúpula organizativa dos medios como á dispar retribución polo seu traballo. Estes resultados confirman, segundo os autores do estudo, o xa exposto de maneira reiterada nos informes elaborados por observatorios como o International Women's Media Foundation (IWMF) ou o European Institute for Gender Equality (EIGE), que veñen alertando sobre o carácter estrutural, consolidado, da falta de paridade nestes aspectos.

O estudo tamén confirma que a concentración residual de mulleres nas posicións máis altas da escala mediática atópase unida á maximización do seu capital intelectual, á vista de que a formación académica é o factor que mellor predí as diferenzas interxéneros no sector da información. Non se trata, segundo os autores do estudo, só de que as xornalistas se distingan dos seus compañeiros por ampliar a súa formación académica máis aló do mero título universitario, senón tamén de que os seus esforzos se dirixen, de forma específica, cara a unha maior capacitación na práctica do xornalismo.

PRECARIEDADE E DISCRIMINACIÓN

En xeral, no segmento de xornalistas con titulación universitaria máis cualificados, a precariedade (ingresos netos mensuais inferiores a 1.000 euros) cébase nas mulleres, que representan o 85% dentro deste grupo.

A precariedade laboral das mulleres pode explicarse igualmente a partir do tipo de medio para o que traballan. Tres de cada catro informadoras que posúen un título universitario e non alcanzan un salario neto de 1.000 euros traballan en medios convencionais, mentres que nos medios dixitais son máis numerosos os homes con título universitario que non alcanzan este soldo (64% de homes e 36% de mulleres). Porén, cando o salario aumenta ata os 1.000 euros ou máis, a posesión do título universitario marca a diferenza entre os xéneros, xa que dentro do segmento de xornalistas sen título universitario que máis gañan, os homes supoñen nove de cada dez casos. É a educación (a maximización do seu capital intelectual), de novo, a variable que mellor predí o lugar que ocupan as mulleres na idiosincrasia particular dos medios no Estado español.

O 73% das mulleres, con independencia do posto que ocupan, percibe un salario inferior aos 2.000 euros, o que en termos estatísticos non lles afasta dos seus compañeiros (69%) nun contexto de precariedade xeral na profesión. O que si supón unha diferenza é a proporción de séniors que superan esa cantidade, que é dunha muller por cada dous homes (9/18); e que tres de cada catro directivas cos salarios máis altos se sitúan nos medios electrónicos (radio, televisión e medios online), plataformas que, ademais, resultan máis igualitarias en termos censais e xerárquicos: a proporción neta das xornalistas mellor remuneradas case inviste a regra das 3R (Residuo Reforzado Recurrente) neste tipo de medios onde, doutra banda, a metade alcanza postos de responsabilidade editorial (sénior e júnior). 

Para os autores do estudo, ao observar os elementos máis ligados á precariedade enténdese por que as novas plataformas de información dixitais constitúen o nicho laboral de moitas xornalistas que lograron avanzar cara á igualdade. Mesmo cando o salario é inferior aos 2.000 euros, a presenza de directivas é case tres veces superior nos medios nativos dixitais que nos convencionais, mentres que nestes últimos a inmensa maioría de mulleres xornalistas (88,2%) ocupan os postos máis baixos da escala. 

Por outro lado, malia que hai máis mulleres ostentando postos de responsabilidade editorial (sénior e júnior) na prensa convencional que nos medios electrónicos e dixitais (73,1% e 50%, respectivamente), o certo é que, en termos absolutos, menos dun terzo das xornalistas de medios convencionais na cúspide percibe máis de 2.000 euros netos mensuais pola súa dedicación.

INTRUSISMO

O estudo tamén afirma que o intrusismo profesional é maioritariamente masculino: o 84% das persoas que exercen a profesión sen formación específica en xornalismo ou en áreas de comunicación son homes (11% do total de xornalistas homes), mentres que soamente un 4% das mulleres exerce sen posuír unha titulación propia das ramas de comunicación. Cando é a muller a que carece dunha especialización en comunicación social, de novo recae sobre ela a desigualdade salarial: nesa situación gañan máis de 1.000 euros o 80% dos homes.

MÁIS IGUALDADE NOS MEDIOS NATIVOS DIXITAIS CA NOS CONVENCIONAIS

Polo tanto, as novas plataformas de información dixitais constitúen o nicho do mercado laboral onde se observan os avances máis firmes cara á igualdade. Así, a situación das xornalistas no Estado español mellorou grazas á estratexia de expansión, á vista das diferenzas salariais nesta contorna e de que a proporción das mulleres mellor remuneradas practicamente inviste a regra das 3R (Residuo Reforzado Recurrente) nos medios dixitais, onde ademais a metade delas ostentan cargos de responsabilidade editorial (sénior e júnior). Mesmo cando o salario é inferior ao das executivas dos medios convencionais, a presenza de directivas nos medios nativos dixitais triplica a da prensa convencional, onde a precariedade afecta o 90% das xornalistas en cadros de persoal.

O estudo está asinado por Roberto De-Miguel, profesor titular de Xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Rey Juan Carlos; Thomas Hanitzsch, catedrático de Comunicación no Departamento de Communication Studies and Media Research da Universidade de Munich (Alemaña); Sonia Parratt, doutora europea en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e profesora titular no Departamento de Xornalismo da Universidade Complutense de Madrid, e Rosa Berganza, catedrática de Xornalismo da Universidade Rey Juan Carlos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Maxi

Me parece que la noticia no es nueva. Algunos vivimos eso hace 40 años, cuando las nuevas tecnologías sonaban a ciencia ficción.

3 Maxi

Me parece que la noticia no es nueva. Algunos vivimos eso hace 40 años, cuando las nuevas tecnologías sonaban a ciencia ficción.

2 patatin

Por un lado, decir que las periodistas estan mejor preparadas, es guay y politicamente correcto, algo que no se consentiria si fuese al reves. Tambien cabe señalar que no todos los hombres cobran igual aunque ejerzan la misma labor.

1 BHL

Los currantes y currantas, ojito, ellas también, si pueden elegir, en general prefieren jefe a jefa, y no sigo porque se me puede tildar de machista y va a ser que no es el caso. En cuanto al drama de las periodistas... Cierto día una parienta se fue a un lavadero (en la vernácula a un "río") y allí se encontró con una amiga de su pueblo. La amiga, lavandera y necesitada de cleanex para limpiar la babita le dijo: Ay fulanita, que manos más finas tienes... Y yo aquí, con estas manos de esclava. A lo que mi parienta respondió: fastídiate, hubieses cogido mejor oficio. Pues eso...