Eucaliptos non... Por que?

Os eucaliptos están a danar gravemente a nosa flora e a nosa fauna, tan só por un mero interese económico que está a ser favorecido pola administración, o eucalipto é un problema ambiental, e está a conseguir erradicar, aos poucos, as nosas especies autóctonas, como os carballos e os castiñeiros.

Por Carlos González Armada | Vigo | 28/06/2017

Comparte esta noticia
Cando os romanos chegaron a España, hai case 2.000 anos, deixáronnos en Galicia moitas obras, hoxe en día referencia na nosa cultura, como a muralla de Lugo, ou o faro de Hércules, pero tamén plantas e técnicas de cultivo. De América importamos o millo, a pataca, o pemento, ou o tomate. Pero no século XIX, introducimos desde Australia o eucalipto
 
Un dos principais problemas do eucalipto é a capacidade de absorción de auga, o que os fai agresivos cos chans onde están asentados, que se secan moito máis do desexable, e provoca que ao seu redor non poidan crecer outras especies. Isto supón un empobrecimento da flora local, e como consecuencia tamén da fauna, e tamén a súa capacidade de producir e provocar incêndios, pola súa resecacion da contorna, e a súa, normalmente, gran altura, ademas da súa capacidade para arder
 
O eucalipto introduciuse con rapidez debido á súa utilidade industrial, xa que a súa madeira non é excesivamente cara, a especie reprodúcese con moita facilidade, mesmo en chans moi pobres, e alcanzan gran altura, co cal producen moita cantidade de madeira, e desde o inicio, na súa introducción, aproveita-se para a construción, as moblerias, a produción de enerxía, e para a pasta de papel
 
Isto último foi o que no seu día revolucionou a utilización do eucalipto, o seu emprego para a obtención de celulosa e a partir dela de papel. Esta revolución técnica naceu en Portugal, aínda que moitos falen de Suecia como a patria da celulosa, pero é portugal onde xorde a técnica, xa que no norte de Europa non existían eucaliptos, e en Portugal eran moi abundantes.
 
En 1934 o que era presidente da deputación de Pontevedra deu unha conferencia en Vigo onde explicou a súa visita á localidade de Caima, preto de Coimbra, a Caima Pulp Company, industria Británica, que fora fundada en 1888, e que empezara a produción de pasta de papel en 1925. Esta especie con este principal fin conseguiu implantarse de forma invasiva e nestes momentos xa hai o dobre de hectáreas de eucalipto que en 1986
 
O actual plan forestal de Galicia estimaba que as plantacións de eucaliptos na nosa autonomía alcanzarían as 245.000 hectáreas no ano 2032. Pero ditas estimacións quedáronse obsoletas xa que esa cifra está actualmente superada con moita amplitude, xa que existen plantacións de eucaliptos en aproximadamente 425.000 hectáreas 
 
Dita cantidade é preocupante, sería necesaria unha replanificacion da reforestación en Galicia xa que debido ao seu destino meramente industrial non podemos definir as masas forestais de eucaliptos como bosques, senón como plantacións, xa que son son  cultivos monoespecíficos, (dunha soa especie), e árbores alóctonos, (foráneos), que non teñen nada que ver coa biodiversidade dun bosque, e denominalos de tal forma sería como denominar matorrais mediterránea ás plantacións de viño da Rioxa, ou flora silvestre a un campo de patacas
 
Por tanto estas plantacións de uso industrial son perigosas para a contorna, e deben de ser limitadas, tanto pola súa capacidade de absorción de auga, o que fai que a súa plantación en zonas semiáridas sexa perigosa, posto que poden acentuar a seca do chan. Ademas os eucaliptos provocan alostería, que é un fenómeno consistente na emanación de substancias químicas que non permiten o crecemento de árbores ou herbas doutra clase á súa redor, incrementando o prexuízo á contorna que xa produce a súa capacidade para resecar o terreo. Finalmente tamén pola súa facilidade na propagación de incendios forestais porque é unha especie pirófila, que non morre co lume, e que se beneficia dos incendios forestais para colonizar o espazo. 
 
As plantacións de eucaliptos poden ocasionar problemas de incendios incontrolados por motivo do seu habitual gran altura, que estas árbores son capaces de conseguir moi rápido, así como á fácil combustión da súa madeira. En plantacións moi densas as chamas dun incendio de eucaliptos poden alcanzar máis de 300 metros de alto, como xa ocorreu en Australia en épocas da seca
 
En Galicia os eucaliptos xa conseguiron que as Fragas do Eume perdesen o 20% do seu territorio nos últimos 50 anos, e iso debido á desaforada e continúa plantación desta especie que conseguiu que na zona xa existan especies autóctonas ameazadas, e falamos dun dos bosques autóctonos atlánticos mellor conservado de Europa, declarado Parque Natural en 1997.....As plantacións de eucalipto deben cesar, e unha das medidas favorables sería repoboar con especies autóctonas, fundamentalmente carballos e castiñeiros, porque de continuar con esta evolución os eucaliptos terminaran co ecosistema dos nosos bosques 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos González Armada Perito Xudicial (Inxeñeiro e Criminólogo). Portavoz de Xuntos Podemos (movemento interno de Podemos Galiza) e co/fundador de Podemos 15M (movemento de federalizacion de Podemos estatal en Galiza)