Temas: EDUCACIóN CIG

A CIG-Ensino pide a fin dos “abusos de autoridade” dalgúns inspectores de Educación

Asegura que na provincia de Pontevedra, na que se acumulan máis abusos, xa existe unha resolución da Xunta de Persoal aprobada por unanimidade.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 28/06/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino esixe da Consellería de Educación que traslade a todas as Xefaturas territoriais “instrucións claras e contundentes” para “erradicar os abusos de autoridade de determinados inspectores e inspectoras” e que aplique o Réxime disciplinario se corresponder.

Protesta dos profesores interinos
Protesta dos profesores interinos

Así, este sindicato suliña que nos últimos cursos, nomeadamente nos cursos 2015-16 e 2016-17, “tomou nota” dos abusos de autoridade de determinados inspectores e inspectoras, dos que ten unha relación nominal. “En cada caso a CIG-Ensino estivo ao lado do profesorado agredido e denunciou ante a Xefatura de Inspección, a Xefatura Territorial ou mesmo a Dirección Xeral de Persoal os abusos cometidos”, indica.

Por iso, suliña que os casos acaecidos non poden quedar sen máis nunha paralización dos abusos, senón que cómpre que a Consellaría actúe na mesma proporción que actúa contra o profesorado, “pois os abusos cometidos tiveron, de feito, consecuencias, nomeadamente a intranquilidade do profesorado cuestionado ou investigado, e o acoso ao que se veu sometido”.

“Estamos falando de actuacións graves como negar a lexislación vixente, impor o seu criterio persoal en contra da lexislación, impor nomeamentos de dirección en contra da vontade da/os afectada/os, negarlle aos centros e ao seu claustro de profesorado os dereitos que establece a lexislación ou abrir expedientes ao profesorado que puxo en coñecemento da inspección situacións irregulares”, sinala.

En relación con este tema, a CIG-Ensino xa presentou unha proposta de resolución na Xunta de Persoal de Pontevedra, unha das que acumula máis abusos. A proposta de Resolución foi aprobada por unanimidade na Xunta de Persoal.

Temas: EDUCACIóN CIG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta