Por GcToday | Tinduf | 28/06/2017 | Actualizada ás 18:08
O Goberno da RASD (República Árabe Saharaui Democrática) vén de emitir un comunicado no que aconsellan a población non saír das súas tendas, ou en caso inevitable facelo extremando as precaucións.
A vaga de calor procedente de aire ourensán incidirá polo norte dos terreos dominados polo Frente Polisario e avanzará por toda a RASD no que se prevén dúas xornadas de calor endexamáis vividas neste territorio.
Varias son as áreas que poderían ser evacuadas, concretamente na provincia de Tinduf, debido ás previsións térmicas. Mentres tanto o Goberno Español baralla o xeito de enviar axuda humanitaria á rexión, concretamente, dúas toneladas de xeo, pero polo de agora non conseguiron transportalo sen que se lles derretese polo camiño.
Son moitas as ourensás que recomendan aos saharauis paliar a calor dirixindose á súa zona equivalente a Barra de Miño, mentres que outras consideran que o Sáhara non pode distar moito do que é Samil, aínda que ben é certo que a poboación ourensá en Samil pode multiplicar por 100 a de todas as habitantes do RASD.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.