AV.- Centos de persoas protestan en Santiago contra o peche de centros educativos

Centos de persoas entre os que se atopa unha ampla representación de pais e alumnos das localidades afectadas polo peche de centros educativos e o traspaso de unidades exposto pola Consellería de Educación marchan por Santiago en defensa da educación no rural e contra os recortes no sistema público.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2017 | Actualizada ás 12:12 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Centos de persoas entre os que se atopa unha ampla representación de pais e alumnos das localidades afectadas polo peche de centros educativos e o traspaso de unidades exposto pola Consellería de Educación marchan por Santiago en defensa da educación no rural e contra os recortes no sistema público.

Un grupo numeroso de representantes dos centros Emilio Navasqüés de Outes e do CPI Tomás de Lemos de Ribeira concentrouse durante máis dunha hora ante as instalacións da consellería en San Caetano.

Pasado este tempo, uníronse centos de persoas procedentes das Pontes e do CPI Monte Caxado para iniciar unha manifestación que rodeará o edificio da Xunta de Galicia. A mobilización está apoiada por distintos sindicalistas como Suso Vermello, da CIG; e os portavoz dos grupos de En Marea, PSdeG e BNG, entre outros representantes políticos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN CON FOTO)

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta