Medidas concretas anti-eucalipto para evitar que Galicia sufra o que sufriu Portugal

A Asemblea Contra a Eucaliptización reacciona á traxedia do incendio de Pedregao Grande. O grupo de colectivos ecoloxistas identifica o monoculitvo de eucalipto para fornecer a ENCE como unha das principais causas dos incendios e lembra que antes dos anos 70 non había tantas vagas de lumes.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/06/2017 | Actualizada ás 12:35

Comparte esta noticia

Como unha das medidas para evitar mortes como as de Portugal ou de Cercedo (2006) piden lexislar franxas para “frear a expansión incontrolada de plantíos de eucaliptos”:

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

Estas son as distancias de seguridade propostas polos ecoloxistas:

  • Rede Natura: erradicación das masas de eucaliptos
  • Liña de costa: faixa de exclusión de 1km
  • Camiños de Santiago e vías verdes: faixas de exclusión dun mínimo de 1km a ambos lados
  • Vías verdes e outros camiños históricos: faixas de exclusión de 0.5km a ambos lados
  • Paisaxes protexidas: erradicación das masas de eucaliptos
  • Patrimonio histórico e arqueolóxico: faixas de exclusión de dimensións variábeis en función do espazo e elemento patrimonial (mínimo 25m en elementos menores singulares como petróglifos e mámoas e, no caso de elementos maiores como castros ou conxuntos etnográficos e arqueolóxicos, ordenación específica con distancia de exclusión a estudar caso a caso)

A Xunta está a especular coa posibilidade de limitar a plantación en Ourense e no Sur de Lugo. Dúas áreas sen moitos eucaliptos até hoxe, pero ameazadas por un novo subtipo máis resistente ás xeadas. 

Esta moratoria non lle abonda aos ambientalistas, que propoñen a “reversión dos plantíos de eucalipto efectuados nos últimos 5 anos en terras agrarias e sustitución por frondosas autóctonas con fins produtivos”. Cómpre lembrar que a Lei xa prohibe plantar estas árbores en leiras agrícolas, límite que os propietarios violan abertamente sen que a Xunta tome, na gran maioría dos casos, medidas.

Nas áreas de monte xa plantadas, a Asemblea reclama que unha parte se adique a árbores do ;en concreto, para bosques de máis dunha hectárea: 30% en eucaliptais, 20% en coníferas e 10% en frondosas e caducifolias, rompendo así a continuidade das zonas máis propensas ao lume.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal. ao carón dunha estrada, como na traxedia de Portugal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal. ao carón dunha estrada, como na traxedia de Portugal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

A nivel local, os ecoloxistas propoñen que en cada parroquia galega haxa espazos declarados libres de especies invasoras, incluída o eucalipto.

“Os lumes de Portugal confirman que a deseucaliptización de Galicia é unha tarefa urxente”, conclúe este colectivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Arturo

Pero é que asamblea parece partir da base que que o monte é da Xunta, una especie de xardín público, onde o sector público pode facer o que lle pete. E non e así. O monte en Galicia é privado, e son os propietarios os que deciden ( cas limitacións que poda imponer a Xunta ) os que deciden o que se pranta ou non. Non o acaban de entender. O norte de Galicia xa está convertido nun eucaliptal, de Ortigueira a Ribadeo. Agardemos que toda Galicia non acabe así.

2 arraiano

eu quero ir a unha assembleia desas, quenes son?, onde están?, ... expediente-X

1 Gonipterus

Cando se consensuaron estas medidas? Varios dos colectivos integrantes desta Asemblea non recibimos as propostas nen rascuño algún de comunicado...