A deputada galega de Podemos Carolina Bescansa sae ilesa dun accidente de tráfico

Carolina Bescansa chocou co seu vehículo cun autobús de liña, na A-6, á altura do quilómetro 30, en Torrelodones.

Por E.P. | MADRID | 29/06/2017 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A deputada de Podemos Carolina Bescansa saíu ilesa dun accidente de tráfico que sufriu onte pola tarde, cando chocou o vehículo no que viaxaba cun autobús de liña, na A-6, á altura do quilómetro 30, en Torrelodones.

Bescansa co seu bebé no Congreso
Bescansa co seu bebé no Congreso | Fonte: rtve.es

Fontes de Emerxencias 112 da Comunidad de Madrid confirmaron que ás 16.23 horas entrou unha chamada na que alertaba dun choque entre un turismo e un autobús que saíra da estación de Moncloa.

As mesmas fontes explicaron que nesa mesma chamada se informaba de que non houbera feridos pero que si se cortaron, como consecuencia do golpe, tres carrís, o que estaba a provocar fortes retencións.

O 112 derivou o aviso á Garda Civil para que acudise ata o lugar pero non foi necesario o envío de ningunha unidade do SUMMA. Segundo adiantou 'El Mundo', no autobús viaxaban 23 persoas que foron recollidas por outro autobús que acudiu ao lugar. O vehículo de Bescansa sufriu golpes de chapa e foi retirado da estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Puidestes

Igual que cando o deputado galego do PP Mariano Rajoy tivo un accidente con helicóptero, saíu ileso.

1 Balbino Fernández

Deputada galega? Non é moi exacto. A galega, deputada de Podemos por Madrid... mellor, verdade?

1 eusi

É galega, por tanto: deputada galega. O título non di nada "deputada por.."

2 comunista independentista

Pero ti non sabes que para ser galego auténtico hai que pedirlle permiso ao Bloque?