Traballadores de centros socioculturais de Santiago critican que o novo concurso "fomenta a precariedade"

O comité de traballadores de centros socioculturais dependentes do Concello de Santiago (un total de 68 persoas empregadas por Arasti Barca) critica que o novo concurso que "con ano e pico de atraso" sacou o Consistorio "fomenta a precariedade".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2017 | Actualizada ás 13:51 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O comité de traballadores de centros socioculturais dependentes do Concello de Santiago (un total de 68 persoas empregadas por Arasti Barca) critica que o novo concurso que "con ano e pico de atraso" sacou o Consistorio "fomenta a precariedade".

En declaracións a Europa Press, tras dar unha rolda de prensa na sede da CIG, o presidente do comité, Xaime Bello, censurou que "un concello que presume de participación --gobernado por Compostela Aberta-- non contou" con eles "para nada". "Non nos deron marxe de negociar nada", lamenta.

Neste sentido, e tras varias reunións cos responsables municipais, o representante sindical explicou que o que lles trasladaron foi que o concurso "se pechou en novembro e non podían modificar nada".

Con todo, Bello valorou conseguir "" que se introducise a listaxe de subrogación ampliado", pero advertiu de que o persoal temporal (18 persoas) "non aparece" pois "non se contempla" no novo concurso.

Avisan tamén da situación en que quedan os informáticos, que se encargan de programas de alfabetización dixital e outros, e aos que, segundo o comité, "agora obrigarase a subcontratar".

Ademais, engaden que as horas de servizo que recolle o concurso "son insuficientes", polo que auguran unha afección para a cidadanía ou "máis subcontratas" para completar as horas "que faltan".

Nestes momentos, o concurso está recorrido pola empresa (Arasti Barca), o que condicionará os prazos para a adxudicación do servizo. En calquera caso, o presidente do comité anunciou que en setembro os traballadores prevén mobilizarse. "Non podemos ver como compañeiros se van á rúa", subliñou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta