O Goberno central teima en vetar a transferencia da AP-9

O Executivo que lidera Mariano Rajoy volve impedir a tramitación da proposición de lei de transferencia da Autoestrada do Atlántico á Xunta. Fomento volve basear a súa negativa na incidencia orzamentaria do traspaso, con pagos que cifra "nun mínimo" de 554 millóns. A decisión volve deixar en evidencia ao PPdeG e o Executivo de Feijóo, incapaces de influír en Madrid.

Por Europa Press / Redacción | Madrid / Santiago de Compostela | 30/06/2017 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O Goberno central volveu vetar a tramitación no Congreso dos Deputados da proposición de lei de transferencia a Galicia da Autoestrada do Atlántico, a AP-9. O informe do Ministerio de Fomento contrario á tramitación da iniciativa, aprobada no Parlamento galego por unanimidade, foi achegado á Cámara Baixa polo Ministerio da Presidencia con data deste xoves, 29 de xuño. Esta teima deixa de novo en evidencia aos máximos responsables do PP galego e o Executivo de Feijóo, que votan a prol da transferencia no Parlamento galego pero son incapaces de influír nos seus colegas en Madrid.

Ponte de Rande
Ponte de Rande | Fonte: Galipedia

No informe, Fomento conclúe que "a aprobación desta proposición de lei xeraría un aumento dos créditos orzamentarios" , polo que o departamento "non presta a conformidade para a súa tramitación en virtude do establecido no artigo 134.6 da Constitución".

Nun dos seus puntos, o departamento de Íñigo de la Serna fai referencia á incidencia orzamentaria da proposición de lei, e lembra que as obras en marcha en virtude dun convenio de 2011 "representan a día de hoxe un investimento de 224 millóns de euros".

Ademais, apunta, a redución de peaxe en virtude doutro convenio de 2013 "está estimada na contorna dos 4 millóns de euros anuais, o que supón 120 millóns de euros ata o final da concesión".

Estas contías, segundo advirte o Ministerio, "quedarían pendentes de compensación por parte do Estado". "Considerando a súa repercusión económica ata o final da concesión (2048), co eventual incremento do tráfico e o réxime de peaxes previsto nos convenios, podería elevarse ata os 4.360 millóns de euros", avisa.

Así mesmo, alude ás bonificacións de peaxe vixentes por un convenio de 2006, cifradas en 7 millóns anuais, e resalta que "seguirían sendo abonadas polo Estado, mesmo despois de realizar a hipotética transferencia de titularidade".

"Por tanto, ata o final da concesión, implica un custo da orde de 210 millóns de euros, a falta de considerar o eventual incremento do tráfico e do réxime de peaxes previsto nos convenios", conclúe Fomento.

O Goberno engade a continuación que "non existen consignacións nos créditos orzamentarios" do Ministerio "que permitan afrontar estes pagos, cifrados nun mínimo a día de hoxe de 554 millóns de euros, pero que poderían ascender ata un total de 4.570 millóns".

PRESIDENCIA

Pola súa banda, Presidencia, nun breve escrito adxunto ao informe dirixido á presidenta da Cámara Baixa, traslada "o criterio do Goberno respecto da toma en consideración da proposición de lei orgánica" ao amparo do establecido no artigo 134 da Constitución.

Incide en que, de acordo co criterio do informe, a aprobación da transferencia "suporía un aumento dos créditos orzamentarios", polo que o Goberno "non presta a súa conformidade para a súa tramitación".

AGRAVIO COMPARATIVO

A transferencia das competencias á Xunta sobre a autoestrada do Atlántico converteuse nos últimos meses nun asunto central na axenda do Goberno e do Parlamento de Galicia, onde se aprobou co consenso de todos os partidos con representación na Cámara galega solicitar a Madrid as competencias sobre esta vía. Porén, o Goberno de Mariano Rajoy (PP) teima en negarlle unha e outra vez a Galicia as competencias que si concedeu a Cataluña e País Vasco.

Con todo, aínda que se conseguise xestionar a AP-9 dende Galicia, os conservadores xa avisaron de que isto non implicaría unha rebaixa nas tarifas das peaxes. "Os partidos aceptan que a AP-9 siga sendo unha autoestrada de peaxe, inevitablemente. Hai un contrato asinado e o que se discute non é o réxime concesional, nin enganar aos cidadáns para dicir que se se transfire a AP-9 deixarán de ter peaxe", avanzou en xaneiro pasado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Con todo, hai excepcións, como o tramo entre Rande e Vigo, para o que todos os grupos do Parlamento galego aprobaron recentemente unha iniciativa do BNG na comisión de Ordenación Territorial na que se insta á Xunta a reclamar ao Estado a supresión da peaxe.

O certo é que Galicia é a única das tres autonomías históricas do Estado español que non ten transferidas competencias sancionadoras en materia de tráfico e circulación de vehículos a motor nin tampouco en xestión de autoestradas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

6 expaña e miseria

CULPABLES: o principal o partido podre e miserabel que leva a ruina os galegos si o partido populeta, frijoles polo visto non foi a por os collons enriba de ningún.ha mesa e o maior cinico da historia, e os outros tamen un desastre xa vemos de que sirven os deputados de podreiros e para que falar do pe$oe do leitugas... espero que pedro o liquide... foi moi revirado... andaba coa bandeira española nos gaiumbos so fascistas so aproveitados... TAMEN EXISTE GRAN ABUSO NA ESTACION DE TRENS DE OURENSE... os galegos nos tomas por imbéciles que e o que somos o votar o expañolismo... VOTAR EN EXPAÑOL E DARLLE UN FUTURO NEGRO A GALIZA!!!!-

1 nostrus

A miseria que ten España é a que aportan os españoles miserables. Todo o noxento que ten España é por culpa dos españoles noxentos entre os que cito os corruptos, os pederastas, os renegados ou os desagradecidos. De todos modos si alguen se sinte atrapado na cidadania española que rexeita pode probar a trocarlla aos que cruzan o estreito en patera, que seguro lla trocan de boa gana e todos sairiamos gañando. Tamen podedes saltar a valla de Melilla ao reves.

2 Amancio

O noso caro amigo nostrus non gosta moito de España. Non só é partidario do castelanismo na Galiza senón que tamén quer baleirar o país do que el considera os seus compatriotas -errados politicamente, mais compatriotas- e venderllo aos mouros. Temos de rir.

5 Fada-lobo

Pola unión! E polo sentidiño! A ver, se ese peixe xa está vendido, que se di popularmente... De aí non vai saír nada, coma moito unha IU dos tempos de Anguita. Deixádevos de tonterías e axudade en algo a loitar por unha Galicia progresista, orgullosa de seu e aberta ao mundo. Non vedes que só sodes uns mandadiños... De verdade, doeme dicilo, pero tedes unha vocación de Xan das Bólas que nunca entenderei. Falo co corazón, porque xa estou farta de ver coma todo empeora e vós non lembrades as dúas máximas básicas na política galega: os experimentos con gasosa e a nós non nos poñen os políticos en Madrí (poñémolos nós alí).

1 nostrus

Fada-lobo. Xa che teño dito mais de unha vez que probablemente non sexas tan rengada como amosas e o teu se deba a que sobreactues para que te admitan na secta do bloque. Para ser galega non che fai falta renegar de nada, abonda con que sexas tal como es e si para querer a Galicia tes renegar de algo sería porque non te sintes galega completa. No meu caso son e sintome galego a xornada completa; é o meu modo de ser español e cada un ten o seu.

4 Fada-lobo

O "experimento" xa rematou, non vedes coma ata os vosos poderosos aliados mediáticos xa non andan a louvarvos a todas horas. Pero se volvedes ou o tentades, non volvades con traizóns e leas de pequenos espíritos, de ser así, mellor que o nacionalismo galego desapareza. Déixovos un exemplo do que pode ser o noso futuro e pídovos que deixedes a rauxa, porque chegou a hora do seny. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 LKI

Perdedes o cu por promocionar o Sermóns. Como se nota que fóra do BeNeGá non o le ninguén.

3 Fada-lobo

Que tristeza me dá o meu país: tan rico e tan pobre por mor do minifundismo ideolóxico e o pailanismo localista. Eu son unha galega orgullosa e vós que sodes? Se tamén o sodes, pensade que é o momento de falar en serio do futuro dos vosos fillos e do voso. Apelo a todos os galegos, porque creo que o galeguismo e o nacionalismo deben estar abertos a todas as ideoloxías e pídovos: pensade por un intre en que chegou a hora de apostar por nós para poder axudar ao resto e sobre todo, non confundades os intereses de Madrí cos de España, coas das Españas coma dicíaa Castelao, e a unha federalista, coma min me gusta repetir. Pero para conseguir isto precisamos volver a empezar a casa derrubada polos que se foron... Eu non teño fillos, vós si moitos: que queredes que sigan sempre emigrando? Queredes iso? Pois se non o queredes volvede á unión dos fratres Gallaeciae...

2 Fada-lobo

Precisamos xa a unión do nacionalismo e o galeguismo. Precisamos dunha vez por todas crer nas nosas potencialidades. Xa non só a enerxía ou a terra (algún día nos daremos conta do valor do noso rural nun mundo que vai precisar de terras cultivables) senón a nosa privilixiadísima situación xeoestratéxica: ou non caestes na conta de que estamos no Atlántico? Pero, en que pensamos: en dicir si señor a todo o que nos mandan en Madrí (non confundades España con Madrí, por favor) e diso a seudoprogresía galega sabe moito, así que poden aforrar andar dando leccións aos demais.