O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros

Día negro para a internet galega. Lois Rodríguez, editor do diario dixital Vieiros, anuncia o seu feche definitivo o 25 de xullo. O Día da Patria Galega tamén pechará a rede social Chuza!, anunciou o seu webmaster Berto Yañez.

Por Walter Burns | | 24/07/2010 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

Dúas baixas para a información en galego na Rede que chegan meses despois da defunción de Gznación, o dixital próximo a UPG. A fin destes medios revela até que punto é fonda a crise nos medios, especialmente naqueles que non contan co apoio do actual poder político.

No caso de Vieiros, o seu creador responsabiliza en gran medida do feche a Oscar Martínez, antigo xerente do diario e da súa empresa xemelga, Acordar Comunicación.

Crise tras a marcha do bipartito do poder

“En xuño de 2009, nunha situación de aparente bonanza económica no seo das dúas empresas, unha auditoría externa desvelou irregularidades económicas e administrativas de extrema gravidade, cuxa responsabilidade foi asumida por escrito polo daquela xerente e apoderado das empresas, Óscar Martínez, quen terá que responder diante da xustiza”, escribe o editor nunha carta aberta.

Despois da auditoría comezaron os despedimentos tanto en Vieiros como en Acordar Comunicación en Internet, empresa que financiaba o diario mediante a realización de páxinas web. Durante o bipartito as encargas foron numerosas, sobre todo contratos de administracións gobernadas polo BNG, e o grupo chegou a contar cuns 31 traballadores.

Os despedimentos iniciais foron 10, segundo denunciaron o Sindicato de Xornalistas e a CUT, que reclamaron á compañía un plan de viabilidade o verán pasado. Con todo, o burato nas contas da empresa obrigou ao editor a primeiro fechar Acordar Comunicación, mantendo Vieiros grazas ao esforzo do seu reducido cadro de persoal, que tipo que soportar longos meses ser recibir un peso do seu salario.

Un medio histórico

Durante esta crise foron varios os traballadores que pediron a Rodríguez que denunciase ao ex-xerente, opción que o editor descartou malia que hoxe indica que finalmente levará o caso aos tribunais.

En todo caso, é innegábel que todas as persoas que colaboraron nese medio gañaron para Vieros un lugar na historia do xornalismo en galego. Foi o medio no que milleiros de galego comezaron a informarse por internet. A todos eles, o recoñecemento do equipo de Galicia Confidencial.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

11 Gamela

Buscando buscando mira tí o que fun atopar na rede: resulta co señorito Berto está en tódolos lugares onde pasan cousas raras? http://es.linkedin.com/in/bertez Vieiros.com = mayo de 2005 — diciembre de 2005 (8 meses) Acordar Comunicación = diciembre 2005 — noviembre 2007 (2 años ) E resulta que CHUZA pecha o mesmo día que VIEIROS !!!

10 Longchamp

E logo o editor non ten responsabilidade ningunha? O xerente facía e desfacía sen dar contas? Iso sería porque sobraban cartos, e o editor non se deu conta de nada ata que lle dixeron que había que poñer cartos...

9 longueira

E agora que farán o Agil, Isabelrei, Evazsou e os demáis lusistas, que continuamente desviaban moitos dos artigos para reconducilos ao seu monotema lingüístico? Os artigos máis comentados eran aquilos onde os da AGLP entraban para divulgar o seu evanxelio lusista. Que aborrecemento, Deus.

8 Illa de Arousa

Jajajaja, e tranquilos, que pronto lle chegará o turno a A Nosa Terra (si é que non pechou xa). Aiiii!!! qué frío fai foraaaaaa!!!

7 Gamela

Non deixemos morrer a Liberdade de Expresión en Galicia ! VIEIROS é máis cunha cabeceira, é a historia recente dun povo. http://www.vieiros.com/open/amosar/... Outra cousa ben distinta é Chuza (lugar onde o karma negativo e o seu sectarismo irredento NUNCA favoreceu a liberdade de expresión nas súas novas) Que morra Chuza é case un alivio para a imaxen do periodismo 2.0 de Galicia. Que morra VIEIROS é un golpe mortal á Liberdade dun povo!

1 Xermán Andrade

Nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite... Chuza non ten nada que ver co xornalismo 2.0, non sabes de que falas. Era un lugar para comentar novas, non para facer xornalismo.

2 Gamela

Comentar? Estabas fodido se tentabas 'comentar' en Chuza rápidamente saían os 'puristas' votando negativo coa etiqueta FAITEUNBLÓ !!! O que non sabe do que fala eres tí...! Eu chupei moito Karma Negativo de dios como para non saber do que estou a falar! Sorry!

3 airadasenra

ah... gamela... ao fin se descubriu... é vostede un resentido.

4 Gamela

efectivamente un resentido porque SINTO e moito me doe que as boas ferramentas de comunicación SE PERDAN na man de catro sectarios que cren ter a razón en todo e que ninguén máis pode dicir o que pensa porque eles son os únicos en posesión de NON se sabe que Verdade Nacional que só habita nas súas cacholas ! Sí claro que son un RESENTIDO por ver como pechamos os MEDIOS que poderían traer un futuro en Liberdade para o meu povo... (a outros igual esto lle parece interesante, por aquilo da 'repressom' e non sei cantas imbecilidades máis...) Vamos que Paco Rodríguez hoxe estará encantado: xa ten material para outros 4 artigos lacrimosos deses que tanto aman os UPGaios!!!