Temas: EN MAREA ANOVA

Críticos de En Marea explican por que rexeitan integrarse na dirección

Iago Martínez (Marea Atlántica) e Gladis Afonso (ANOVA) argumentan que é a Asemblea a única que pode ampliar a coordinadora, xustificando así o seu non á oferta de Villares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/07/2017 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Críticos coa actual dirección de En Marea, composta por 11 membros e encabezada por Luís Villares, defenderon este domingo que o plenario é "o único órgano soberano" para realizar cambios na estrutura do partido instrumental.

Iago Martínez
Iago Martínez | Fonte: Xerais Youtube

ANOVA APOSTA POR LEVAR O DEBATE Á ASEMBLEA

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, Gladis Afonso, membro do Consello das Mareas. E é que a tamén responsable de Finanzas dentro da Comisión Permanente de Anova estivo presente no Consello das Mareas no que a dirección de En Marea presentou unha proposta de ampliación da coordinadora para que esta pasase de 11 a 15 membros e, tal e como argumentou Villares este sábado, representase a "todas as sensibilidades".

A iniciativa foi rexeitada por sete membros pertencentes ao sector crítico, é dicir, a Podemos, Esquerda Unida, Marea Atlántica e un sector de Anova liderado por Rafael Dopico.

Unha das razóns que motivou o rexeitamento desta proposta, precisou Gladis Afonso, foi que os principios organizativos acordados na asemblea fundacional de Vigo celebrada o 30 de xullo do pasado ano non contemplan a posibilidade de ampliar a coordinadora.

A este respecto, fixo fincapé en que a coordinadora é unha mera "comisión de xestión" cuxo deber é "pór en práctica" as decisións adoptadas no Consello das Mareas, conformado por 35 membros.

Por iso, considera que o único órgano no que se pode debater unha proposta deste tipo é o plenario, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo en Santiago --trátase do segundo plenario que realiza o partido instrumental--.

A esta opinión sumouse Iago Martínez, de Marea Atlántica, quen tamén defendeu, en declaracións a Europa Press, que o Consello das Mareas "non ten competencia para modificar a coordinadora", cousa que, engadiu, só pode facer o plenario, no que participan os inscritos.

DEBATE "TRANQUILO" NO PLENARIO

"Se se quere integrar distintos pensamentos hai que debatelo no plenario tranquilamente", defendeu Gladis Afonso, quen considera que a proposta da coordinadora aseméllase ao que fan, lamentou, os "partidos tradicionais" e que, por tanto, trátase de "unha arbitrariedade absoluta".

Por iso, chamou a atención sobre a necesidade de debater no plenario que modelo de En Marea queren os inscritos. En concreto, Gladis Afonso apostou por "seguir avanzando" ao redor da Asemblea fundacional celebrada o 30 de xullo do pasado ano en Vigo. E é que, subliñou, En Marea debe ser "un espazo de confluencia e aberto" con capacidade "transformadora e rupturista".

CRÍTICAS Á LIÑA ORIXINAL

"Está a producirse un desvío do acordado na Asemblea de Vigo", lamentou, para logo remarcar a necesidade de "reconducir" o proxecto ao acordado na cidade olívica. "En Marea é un instrumento de ruptura e non de aceptación do sistema", resolveu.

Cabe lembrar que o pasado 2 de abril Luís Villares fíxose coa portavocía orgánica de En Marea, encabezando así unha coordinadora criticada por un sector de Anova, liderado por Rafael Dopico, así como por Podemos, Marea Atlántica, Esquerda Unida e algunhas mareas municipalistas, como Ourense en Común e Nós Pobra.

Temas: EN MAREA ANOVA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Ferriño

"A esta opinión sumouse Iago Martínez, de Marea Atlántica, quen tamén defendeu, en declaracións a Europa Press, que o Consello das Mareas "non ten competencia para modificar a coordinadora", cousa que, engadiu, só pode facer o plenario, no que participan os inscritos". Polo que sei a Coordinadora propuxo que si todos estaban dacordo se levase ao Plenario unha proposta de modificación. O "señor do orcos" minte descaradamente, cual maquiavelo de via estreita pensa que unha mentira repetida 100 veces acaba sendo unha postverdade.

4 Gamela

En algo estamos dacordo: "Está a producirse un desvío do acordado na Asemblea de Vigo, En Marea é un instrumento de ruptura e non de aceptación do sistema" E teñen máis razóns cun santo para afirmar que "En Marea" liderada por Villares semella un batiburrillo de cabreados sen ánimo de lucro que COBRAN coma Deputados e o seu "traballo" non pasa de tuitear aos catro ventos a súa deriva sen RUMBO !!! https://goo.gl/44o7VZ O que non me cadra é que tamén EU dí estar no sector crítico cando segundo Villares se lles respeta a súa "autonomía" nas Mareas Municipalistas (?) https://goo.gl/L8xKOh Segue todo demasiado CONFUSO como para saber a cantas andan...

3 Faraldo

Os monicreques de Toné e Yoli Procesiones, non apostan por En Marea e queren ser unha sucursal galega de Unidos Podemos

2 Fada-lobo

Non desviemos a atención do fundamental, por moito que neste medio se empeñen: http://www.galiciaconfidencial.com/... Beiras, Antón e o resto facede posible un goberno do cambio! Por Galicia, por Galiza, polos vosos fillos e netos... Por favor!

1 Cheira te pega

Que chamen aos de Cheira para que veñan dirimir o asunto pacificamente agora que xa se despatriarcalizaron con eses obradoiros de despatriarcalización que lles ían impartir

1 O que queda do Bng

Non tés outro chiste, cipayito do Bloque?

2 Fada-lobo

Pero xa se despatriarcalizaron ou continúan a se despatriarcalizar? A ver, Antón e Beiras, vós estades por riba de pelexas de ninis. Asumídeo, equivocástesvos, aínda que non vos trataron ben e tal... Por favor, Galicia precísavos. Deixádevos de lerias e ide coa xente coa que podedes traballar para conseguir que non quedemos coma unha comunidade de terceira de se producir unha restruturación territorial. Ninguén que pense volo vai reprochar. http://www.lavanguardia.com/politic...

3 Fada-lobo

Para o que asina (oh, que orixinal) "O que queda do Bng"): http://www.europapress.es/catalunya... Beiras, Antón e o resto: volvede. Se non vos reciben ben, xa reconstruiremos algo entre todos, pero creo que xa está claro onde non vos queren.

4 anonimo

As couces de Xeira están patriarcalizadas. Quen as despatriarcalizará? As feministas do obradoiro que os despatriarcalicen, boas despatriarcalizadoras serán

5 Fada-lobo

Por Nós... Por favor, é un momento crucial na historia de España e na de Galicia. Se tedes algo de nacionalistas galegos pensade. https://www.youtube.com/watch?v=HY8... Non se trata de min nin de vós. E que non o entendedes? E o futuro dos vosos fillos!