Villares dille aos críticos que non hai diferenzas significativas para xustificar a "autoexclusión"

O portavoz de En Marea, Luís Villares, asegurou que non será "un problema" para "a continuidade do proxecto político" do espazo de confluencia. "Se todo o problema que tivese o proxecto político fose unicamente a persoa que ocupa a portavocía, eu sempre expliquei que iso non sería un problema para a continuidade do proxecto político"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/07/2017 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

Con todo, Luís Villares dixo en Radio Galicia que non se sente cuestionado: "Non particularmente", sinalou, para logo engadir que o que realmente sente é "perder o tempo" en asuntos internos.

Villares TC Consultivo
Villares TC Consultivo

POSIBLE RELEVO NO PLENARIO

Preguntado directamente por se ten constancia dalgún intento por parte dos críticos de En Marea para tratar de cambiar ao portavoz do partido instrumental no próximo plenario, manifestou que non lle consta. "Pero, en todo caso, quen decide aquí é a maioría de persoas inscritas", engadiu.

Sobre o rexeitamento dos críticos á proposta da dirección para ampliar a coordinadora de 11 a 15 membros, fixo fincapé en que "o intento de buscar a unidade nunca cae en saco roto" e asegurou que desde a coordinadora seguirán "facendo esforzos" para integrar a todas as sensibilidades.

"Non existe xustificación política para esa autoexclusión. [...] Non hai ningunha diferenza política significativa", remarcou Villares, para logo indicar que aínda que a proposta de ampliación da coordinadora presentouse no seo do Consello das Mareas, o obxectivo é que logo fose ratificada no plenario do próximo sábado 15 de xullo.

"HAI QUE ACHEGAR SOLUCIÓNS"

"Cando hai unha situación de bloqueo hai que achegar solucións", defendeu o tamén portavoz parlamentario de En Marea, quen considera que se trata dunha forma de "dar exemplo" dentro da propia casa sobre a "unidade popular".

O argumento empregado polos críticos para rexeitar a proposta foi, segundo indicou Villares, que a situación non variara con respecto ao pasado 2 de abril, cando Villares se fixo coa portavocía de En Marea, e que, por tanto, "non valía a pena acceder a esa oferta política" --en alusión á ampliación da coordinadora--.

Preguntado entón por se as discrepancias internas que existen débense ás persoas e non ao proxecto político, fixo fincapé en que "as persoas deberían de ser secundarias sempre que encarnen o proxecto compartido".

PLENARIO

Sobre o plenario do próximo sábado 15 de xullo, espera que "se consolide e afiance o espazo político". Ademais, indicou que o Consello das Mareas impulsou teses políticas que se debaterán no plenario, entre elas a relación entre En Marea e as mareas municipais, onde, destacou, respectarase sempre a súa autonomía.

Entre os grandes retos a nivel político que ten En Marea atópase fixar unha posición en canto ao financiamento autonómico, trazar unha estratexia global de infraestruturas para Galicia e analizar as causas económicas e políticas do descenso demográfico, entre outros.

Villares valora o "xiro á esquerda" dos socialistas tras o triunfo de Pedro Sánchez como un lavado de face e non cre que ninguén vaia a abandonar En Marea porque todo o que visita esta casa, dixo, queda. Así, deulle a benvida ao PSdeG para sumarse á alternativa a Alberto Núñez Feijóo e ao PP.

VETO AO TRASPASO DA AP-9

Sobre o veto do Goberno central ao traspaso da AP-9, asegurou non entender o silencio do presidente da Xunta ante o non do Executivo central a unha iniciativa aprobada por unanimidade no Parlamento galego. "O ninguneo ao que o seu propio partido está a sometelo é constante. E eu o que non sei é que razóns ten Feijóo para gardar silencio", opinou.

"Desde logo a min, se me fixesen iso, teríanme plantado en Madrid todo o día ata conseguir o traspaso da AP-9, que non é a vontade e o capricho dun presidente, senón a decisión unánime dunha cámara que representa a todo un país".

Villares cualificou ademais de "inaceptable" a situación xerada polo modelo de transportes, froito, ao seu xuízo, da "falta de visión" da Xunta. Así mesmo, felicitouse pola admisión a trámite por parte do Constitucional do recurso de En Marea contra a reforma do Consello Consultivo de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

8 Loisin

Non entendo nada do que pasa na Marea. Todo bandos, exclusións, ombliguismo... Non vexo propostas, alternativas... e se as hai estanse silenciado polo ruido de sables. Dende fóra, creo que Unidos Podemos tenta manipular e sucursalizar o espazo rupturista. En Valencia e Catalunya non o conseguiron. A ver qué acontece en Galicia...

7 podreiros = PP no poder

UN direixente da anova o raúl chamolle gran traidor!!!!, SEÑORES NON CENSUREN O QUE ESTA PASANDO!!!!- a culpa e do ventriloco -vieiras e o seu boneco inútil o xuiz villano

6 anonimo

Os déficits democráticos de hai un ano e un par de meses teñen estas consecuencias. Hai que ilos arrastrando, e polo chan se lle pega aínda máis porquería que os engorda ata que xa non se poden mover e o ocupan case todo. O mellor, tirar todo e radicalidade democrática. Primarias con tempo suficiente para articular candidat@s e proxectos. A este Ilustrísimo Señor o designaron todos, pero non o puido elixir ninguén, primeiro erro.

1 Pseudónimo

Desculpa pero a Luis Villares escollémolo máis do 80% das inscritas nunhas primarias. Houbo eleccións para a escolla do actual Consello. Dende as eleccións en setembro ata finais de xaneiro nas que se celebraron. E houbo un resultado radicalmente democrático. Outra cousa é que non che guste.

5 Que ben lideras

Villares melena al viento lidera moitísimo nunca antes se vira un líder tan querido por todos

4 Androide

" teríanme plantado en Madrid todo o día ", can ladrador pouco mordedor..