As axudas da Xunta contra o lume volven chegar tarde

Xa comezou a tempada de alto risco de incendios. A tardanza na tramitación nas subvencións de Medio Rural para comunidades de montes e espazos conveniados impediron que se iniciasen as rozas. Un atraso que se repite todos os anos e que lastra a prevención dos incendios forestais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/07/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

“Estamos na mesma situación de tódolos anos. Chega o verán sen que se teñan feito os traballos de prevención e despois pasa o que pasa. En Ourense, a vaga de lumes de setembro do ano pasado colleu a Medio Rural con só un 15% dos traballos de prevención executados en montes conveniados da provincia”. Son palabras de Jacobo Feijoo, da Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga), recollidas por Campo Galego.

Incendio rexistrado no concello lugués de Sober.
Incendio rexistrado no concello lugués de Sober. | Fonte: Batallón T15 Teo

Este xornal, especializado no día a día do sector primario, recolle queixas similares doutros colectivos: Organización Galega de Comunidades de Montes e a Asociación Forestal de Galicia. Todos coinciden no mesmo, Medio Rural non tramita a tempo estas liñas de subvencións ano tras ano deixando aos propietarios do monte sen recursos para enfrontarse ás lapas. 

A lenta burocracia de San Caetano provocou o ano pasado situacións kafkianas, como que se aprobaran proxectos de traballos forestais subvencionados en montes que xa arderan ese verán.

Medio Rural dixo no último Consello Forestal, segundo Campo Galego, que para o ano que ven cambiará o conto. Promete convocar en inverno e resolver en primavera, para que os traballos estean concluídos, como indica a lóxica, antes de que comeza a época de alto risco.

A conselleira de Medio Rural no Monte da Braxe
A conselleira de Medio Rural no Monte da Braxe
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anticus

Información moi a ter en conta cando os nacionalistas lle dea outra vez por prender o monte.