Eva Solla receita a Villares “diálogo” para “resolver as dificultades” en En Marea

A coordinadora de Esquerda Unida advirte de que as diferenzas dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2017 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

A coordinadora de Esquerda Unida (EU), Eva Solla, requiriu este luns "diálogo" ao portavoz de En Marea, Luís Villares, consciente de que "as dificultades" existentes dentro da formación estrutural non se arranxarán con "solucións improvisadas de última hora" como a proposta de ampliar a coordinadora do partido.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla

En declaracións nos corredores do Parlamento, onde comparte bancada con Villares, Solla mostrouse crítica coa formulación de ampliar a coordinadora de 11 a 15 persoas para tentar agrupar "todas as sensibilidades".

Tras puntualizar que ese asunto non foi debatido nos órganos de EU, lembrou que o seu partido xa explicitou no seu momento que non concorda co "método" co que se designou a coordinadora "porque incumpre os acordos da última asemblea de En Marea", argumentou, antes de deixar claro que a postura non variou.

Así é que, ante o aumento das discrepancias entre os distintos grupos que conforman En Marea, Eva Solla insistiu en que "a maneira de resolver as dificultades" ten que ser "en positivo" e "pola vía do diálogo". "Hai que traballar nese sentido", reclamou.

"CUMPRIR OS ACORDOS"

E, sen perder de vista esa denuncia de "incumprimento dos acordos" da anterior asemblea de En Marea, a tamén vicepresidenta segunda da Cámara xulgou "moi relevante cumprir" o aprobado.

"Nós declinamos participar nun proceso electoral como tal en pos de algo común e, cando se toman decisións nos espazos amplos, o normal é cumprir", profundou, non sen sinalar que o seu partido descoñece que cuestións se debaterán no plenario do día 15.

"Como organización, non tivemos ningún contacto nese sentido nin se nos trasladou ningunha información", remachou quen, ademais, lidera o Partido Comunista de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta