Temas: EMERXENCIAS

Leva o cargo do PP e coordinador de emerxencias seis anos sen pisar o choio?

O pleno deste xoves será clave para o futuro de Carlos Faílde. Dende que GC revelara que este empresario, cargo público e dirixente do PP da Estrada factúralle a través da súas empresas á Administración, o seu nome non deixa de ser protagonista de titulares, preguntas no Parlamento de Galicia e acusacións dos sindicatos.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 04/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Finalmente, o alcalde José López accedeu a convocar unha “comisión de organización” antes do pleno do xoves para ofrecer explicacións. A oposición o da comisión parécelle un truco para que público e prensa non poidan estar presentes cando se debata sobre o empregado público/empresario. O BNG xa advertiu que tamén preguntará pola polémica no pleno.

Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia

Sobre a mesa, ademais das adxudicacións, a súa labor como Coordinador de Protección Civil na Estrada. Malia que o alcalde dixo que este posto non existía oficialmente, o propio Faílde presume del no seu Linkedin

Comisións Obreiras e UXT denunciaron a pasada semana nun comunicado conxunto que o “operario de Protección Civil levaba sen acudir ao seu posto de traballo dende que José López chegou a alcaldía en 2011”. Fontes locais comentaran a GC algo similar, aínda que non en termos tan duros. De acordo a súa versión, Faílde apenas pisa a base de Protección Civil. Outras fontes locais confirmaron a GC que Faílde cobra un complemento como coordinador. CC.OO e UXT aseguran que pediron moitas veces ao Concello o seu nomeamento como coordinador, e non llo mandaron. 

Polo de agora, López defende ao seu subordinado e compañeiro de partido. Asegura que é de “todo falso” que leve dende 2011 sen acudir ao traballo, aínda que por outra parte as labores que o alcalde di que fai Faílde non implican a presencia física na base de Protección Civil.

Menos pechada é a defensa que fai o mandatario sobre a dobre labor de Faílde como empresario -administrador único de Ricarsat e apoderado de Emersafe- e traballador público -persoal laboral do Concello da Estrada . López admite que haberá que estudar se se produciron incompatiblidades.

A Lei de Incompatibilidades do Estado aplícase tamén aos traballadores municipais. Esta norma especifica que os operarios da administración nunca poden ter unha actividade privada se esta pode interferir directamente na súa labor pública. Faílde, a través de Ricarsat, ten vendido material de emerxencias á Administración, malia que el é, precisamente, traballador de emerxencias. 

Non só traballador, senón coordinador, segundo presume o propio Faílde no Linkedin e segundo foi destacado en ducias de ocasións en actos institucionais da Xunta e do Concello. 

Tanto En Marea como PSdeG presentaron preguntas sobre Faílde á Vicepresidencia no Parlamento. A Vicepresidencia adxudica regularmente traballos a Ricarsat. Faílde e o vicepresidente Alfonso Rueda son amigos, segundo informaron a GC fontes locais. Preguntados por GC, Faíde dixo que non se pronunciaba sobre as súas relacións persoais e Rueda admitiu coñecelo, pero só de actos institucionais. 

Temas: EMERXENCIAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Estradense de toda a vida

Non sei que da máis noxo se a maneira de enmerdar deste xornal ou as dichosas fontes locais que cita que son, entre outros, os catro vagos que hai na Estrada, fillos de ricos de boquita e que só esperan que caía quen os leva poñendo no seu sitio anos. A seguir mentindo que é gratis....de momento.

1 Ken keirades

Da a cara estradense de toda a vida, seguramente enchufado ou amigo ppepero de toda a vida, tedes o concello cheinho de chanchullos, os postos van con nome antes de publicarse....miserable! Cala polo menos, tes moi pouca vergońa, ainda que non esperaba nada fe vos ppodres

3 Manco me levanto

Galicia, el lugar donde al trabajo le llaman choio. Y claro, algunos se lo toman de tal manera el asunto que ni aparecen por el laburo.

1 Katanga

Galiza, ese país onde a palabra galega "choio" está mal; e a palabra lunfarda (española) "laburo" está ben. Manco e algo a máis.

2 eusi

Bnjajajallos: aquí é onde hai que opinar. Non nas noticias que vos gustan para destruir a EnMarea. A vós non vos importa nada o PP, ao contrario estades encantados que gobernen para parecerdes os salvadores da patria (por outro lado, que xa ninguén vota por incompetentes).

1 eunom

e logo nom chega com o que já figura no emcabeçado da nova?? Na Marea já chega Villares para a auto-destruçom!!! ;)

1 vectorXY

Imos ver. Se eu son profe no ensino medio, podo administrar unha academia que lle facture cursos á Xunta? Non. Podo facturarllos a un Concello? Tampouco. Non podo facturarlle nada a ningunha administración relacionado coa educación. Pois o mesmo un peón de Protección Civil, peor se é realmente é coordinador. Vamos, unha incompatibilidade de libro. A saber os intereses dos políticos por permitir que isto se producira durante anos. Porque non poden alegar ignorancia. O "empresario" este precisamente non é, que digamos, o paradigma da discreción.