Temas: CONSUMO FOGAR

Case a metade dos fogares galegos chega con dificultade ou moita dificultade a fin de mes

Os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que teñen menos confianza na recuperación económica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2017 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

Un 10,11% dos fogares galegos (un de cada 10) chega con moita dificultade a fin de mes e un 35,36% (case catro de cada 10) faino con dificultade, segundo a enquisa conxuntural que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Prezos, IPC, inflación, consumo, pan, pans, panadaría
Prezos, IPC, inflación, consumo, pan, pans, panadaría | Fonte: Europa Press

No segundo trimestre de 2017, o indicador de confianza do consumidor reflicte un valor de -8,18 puntos, 1,39 puntos por enriba do referido ao trimestre anterior. Neste trimestre aumentaron tres do catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador de situación financeira persoal aumentou 0,85 puntos, o de situación económica en Galicia 2,43 puntos e o de desemprego aumentou 3,21 puntos. O indicador parcial de capacidade futura de aforro, pola súa banda, diminuíu 0,92 puntos.

O indicador de confianza do consumidor varía en función do intervalo de ingresos do fogar. Así, os fogares con menores ingresos medios mensuais son os que presentan valores máis baixos, mentres que a confianza aumenta ao incrementarse os ingresos do fogar.

Así, o indicador no caso dos fogares con menos de 600 euros ao mes alcanza o valor de -30,94, mentres que entre os fogares que máis ingresan ao mes (por encima dos 3.000 euros) o indicador sitúase en 17,39.

No segundo trimestre de 2017, o 54,52% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 35,36% con dificultade e o 10,11% restante con moita dificultade.

Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese un aumento de 6,4 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, e unha diminución de 6,4 puntos na dos que chegan con dificultade. A porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade non variou no segundo trimestre de 2017 respecto ao primeiro.

Con respecto ao segundo trimestre do ano 2016, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes creceu 10,15 puntos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade 0,59 puntos. Pola súa banda, a de fogares que chega con dificultade caeu 10,75 puntos no segundo trimestre de 2017 respecto ao mesmo período do ano anterior.

NINGÚN EXTRA

O 24,08% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra no tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cinema, etcétera. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permita deixar de traballar.

O 11,8% dos fogares galegos cambiou os seus hábitos de compra, pasando a comprar marcas brancas, produtos en oferta, etcétera. Esta foi a medida económica máis habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos ou afrontar pagos no segundo trimestre de 2017.

Ademais, o 11,58% dos fogares galegos diminuíu gastos comúns, como a roupa e o calzado, o transporte, etcétera (non se inclúen nesta categoría os gastos en alimentación).

O 64,05% dos fogares galegos pensou saír a cear, a cafetarías, ir ao cinema ou ao teatro no próximos tres meses, o 39,94% aforrar algo de diñeiro, o 38,29% facer algún extra en produtos de alimentación e o 17,97% facer fronte a imprevistos ou grandes compras.

Diminúe a porcentaxe de persoas que pensou pagarse unhas vacacións, viaxes ou estancias de lecer no próximos tres meses respecto ao mesmo período do ano anterior (19,35% no segundo trimestre de 2016 fronte ao 16,85% do segundo trimestre de 2017).

O 16,45% dos fogares galegos está a pagar a vivenda principal na que habita, o 6,54% o coche e o 1,77% unha segunda vivenda.

Temas: CONSUMO FOGAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 balbiiiiiiiino

Xa estamos, dicindo que todos son iguais, axudando o PP, a ver cando vos animades e presentades alternativas e deixades de preocuparvos e ladrar tanto polos que comentan aquí que non pasan das dedas dunha man. O salario de moitos dos que nombrades non o quería eu nin de broma polo traballo realizado. Vos sabedes o que e mirar o pobo cheo de pintadas ameazantes contra un,perder o traballo por presentarte nunhas listas ou chegar a casa e que che deixen os fascistas coroas mortuorias na porta da casa dia sí e dia tamén, explicadello vos os voso fillos, metede os cartos por onde vos quepan e deixade de insinuar que todos son iguais dade a cara e reconocede o traballo de outros que ata renuncian a sua vida privada o teñen que aturar non seus fogares tales aldraxes.

1 Razamondelle

Balbino, tapa-tapa oficial do Beneguai, de que falas? "Perder o traballo" (non será o caso da túa protexida Ana Pontón que nunca tivo traballo fóra da política profesional, e se queres seguimos: Jorquera, Cela, Abraira, da Silva..., a lexión de profesionais do BNG), o cansativo "traballo realizado" dos deputados, o baixo salario (pobriños con 5.000 euros limpos, dando a calderilla en mísera caridade a obras benéficas --como Amancio Ortega, como Ronaldo-- para quedar ben cos balbinos amamantados polo partido e seguir chupando)... Explícallelo aos miles de galegos titulados superiores emigrados ou no paro, explícallelo aos que cada día teñen que colocarse nas ringuileiras dos comedores sociais para alimentar aos fillos grazas á caridade do noxento sistema que o BNG axuda a consolidar. A revolución do BNG perdeu gas hai moito tempo, agora sodes revoltosos consentidos polo poder! Cómplices do PPsoE!

3 Razamondelle

O Bloque e as Mareas de Podemos son unha farsa, ao nivel do Partido Podre e os vendidos do PsoE. Nada lles importa o povo que sofre! Nin a eles nin aos taparrabos de comentaristas! Coincido cos que comentaron: os Comunista Independentista, LKI, Gintonic, Kollontai, Balbino, Eusi, Mcnamara, Arzuacapital... son lixo, enmerdadores profesionais, que ollan por riba aos do común. As mesmas ratas que Nostrus, Nexus, Víctor..., con distinta pelaxe pero ratazanas trincadoras do público para engordar no seu niño particular. As vergoñas do sistema non interesa comentalas, prefieren escondelas para seguir chupando. Son reformistas light, vendedores de fume, a dereita transvestida de esquerda, os cómplices necesarios do sistema.

2 Galegus

Seguro que Pontona Poltronas, Solla, Fillares, Abel Caballero o Rueda non están entre os que teñen problemas para chegar a fin de mes. Para trincar o soldo mínimo de 5.000 todos de acordo

1 Bixby

Se a noticia fose que a metade dos reintegracionistas ou dos galeguistas non chegan a final de mes, habería 101 comentarios.