Temas: ALFONSO RUEDA

Vicepresidencia dá discrecionalmente 315.000 euros a algúns xornais

A Vicepresidencia da Xunta acaba de publicar no DOG, como lle obriga a Lei, os convenios de colaboración que asinou neste cuadrimestre. Os medios de comunicación volven a ser os máis beneficiados dos investimentos discrecionais do departamento de Alfonso Rueda. Deles, La Voz de Galicia volve a ser a máis favorecida.

Por M.V. | Santiago de Compostela | 05/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

En concreto, o diario de Santiago Rey recibirá 149.767,95 € coa finalidade oficial de “difusión das actividades desta consellería de interese para a cidadanía”. É dicir, case 150.000 públicos da Vicepresidencia para que La Voz informe do traballo da propia Vicepresidencia. Só hai un convenio con máis diñeiro público co da Voz, os 170.000 para financiar o funiconamento do Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA) e o Instituto de Ciencias Forenses «Luis Concheiro»

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello

O departamento de Rueda firmou outros oito convenios con outros oito diarios impresos para a mesma finalidade, a “difusión das actividades desta consellería de interese para a cidadanía”.

Desta volta, as subvencións directas, segudno o DOG, repartense así:

  • Corporación Voz de Galicia 149.767,95 €
  • Faro de Vigo, S.A 69.856,43 € 
  • Lérez Ediciones, S.L (Diario de Pontevedra, Grupo El Progreso) 24.873,12 €
  • El Progreso de Lugo, S.L 24.873,12 €
  • La Región S.A. 23.020,87 € 
  • Editorial Compostela, S.A (El Correo Gallego) 16.934,89 €
  • Editorial La Capital, S.L. (Ideal Gallego, diarios de Arousa e Ferrol) 9.790,48 € 
  • La Opinión de A Coruña 8.467,45 € 
  • Rías Baixas Comunicación (Atlántico Diario Grupo La Región) 3.704,51 €

Malia que en Galicia tanto a radio como a prensa dixital hai anos que teñen máis audiencia que unha prensa en papel el declive, Vicepresidencia e o resto de departamentos da Xunta acostuman a repartir os convenios só entre os xornais impresos, nun intento de influír na liña editorial dos principais grupos de comunicación. 

A diferencia das subvencións normais, reguladas pola Lei de Subvencións, que están suxeitas a publicidade e concorrencia; o reparto dos convenios depende do criterio do mandatario de turno. Aproveitando esta vía legal, a Xunta ven subvencionando a dedo e aos xornais dende a era Fraga, bipartito incluído. Non hai outro sector no país que recibira de xeito tan recurrente tantas subvencións discrecionais.

A Lei especifica que non se poden firmar convenios con ánimo de lucro. É dicir, que os xornais deberían gastar todo o recibido en producir a información encargada por Vicepresidencia. O que é difícil de entender é que iso lle custe case 150.000 euros a La Voz e a penas 3.000 a Atlántico Diario. A escala de reparto coincide, máis ben. coa audiencia de cada medio. A máis audiencia, máis diñeiro por informar da Vicepresidencia.

Baixo que xustificación se reparten a dedo subvencións aos medios de comunciación? Isto é un dos puntos que debe figurar na memoria xustificativa de cada convenio que, segundo a Lei que regula o Rexistro de Convenios, debe ser pública en Internet. 

Sen embargo, o Rexistro de Convenios non publicou información algunha sobre estas subvencións, a pesar de case todos os convenios foron firmados hai máis de seis meses, en decembro do ano pasado. 

GC denunciou hai varias semanas que o Rexistro de Convenios deixara de publicar información. O último convenio publicado era de 2016. Dende aquela, o citado Rexistro publicou algúns acordos máis, pero segue sen actualizar a información dos asinados por Vicepresidencia, malia que o citado Rexistro depende, precisamente, da consellería de Alfonso Rueda.

Temas: ALFONSO RUEDA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xesús Ateo Recalcitrante

Cartos para os "amiguiños". É a política de comunicación do Partido Popular; seguen coas mesmas: La Coz, La Vela de Vigo, La Religión, El Retroceso, El Correo del PP, ... Son así, que lle queres? Hai que botalos.

2 El cambio(TM)

Ah dá a dedo a xornais que falan da "remunicipalización de servizos" xa xa xa

1 tribunal constitucional

a coz da malicia... danlles moito pienso os porquiños a cochiqueira esta chea de cartos namnetras teñen a xente facendo cursos de practicas autenticos becarios... e todo legal e constitucional