Temas: METALURXIA FOLGA

As protestas do sector do metal esténdense á provincia de Pontevedra

As protestas do sector na provincia da Coruña chegaan até Pontevedra. CIG, CC.OO. e UXT maniféstanse ante a sede da Cámara de Comercio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2017 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

As protestas derivadas da folga de traballadores do metal na provincia da Coruña chegaron xa ata Pontevedra, onde este mércores se rexistrou unha concentración convocada polos sindicatos CIG, CC.OO. e UXT ante a sede da Cámara de Comercio, que desembocou finalmente no corte de tráfico da céntrica avenida Reina Vitoria.

Manifestación do metal en Santiago
Manifestación do metal en Santiago

Na protesta participaron preto dun cento de manifestantes, entre traballadores do metal, delegados sindicais e folguistas do sector transporte, que este mércores secundaron tamén unha nova xornada de paro.

Os secretarios comarcais dos tres sindicatos coincidiron nesta protesta evidenciando que o conflito se "estende" á provincia de Pontevedra para reclamar un convenio "digno", que contemple melloras salariais para os traballadores do sector. O convenio actual venceu o pasado mes de decembro.

Ramón Vidal, secretario intercomarcal de UXT en Pontevedra e Arousa, explicou que "se trae o conflito para a provincia de Pontevedra" porque é un convenio que se leva negociando moitos meses "e está a ir polo mesmo camiño" que o da Coruña. "Temos que unirnos para que a negociación vaia adiante", apuntou.

Ao seu xuízo, a reforma laboral é a "culpable" do "desequilibrio" existente nas mesas de negociación entre a patronal e os traballadores, que "fai imposible atopar puntos de acordo", xa que "a patronal se sente forte".

CONFLUENCIA DE MOBILIZACIÓNS

Pola súa banda, Marcos Conde, secretario comarcal de CIG en Pontevedra, explicou que están a tratar "que conflúan as mobilizacións porque esa é a única forma de que os traballadores poidan recuperar poder adquisitivo e melloras laborais".

"Teremos que alimentar a mobilización social", insistiu Marcos Conde, convencido de que "cando hai mobilizacións se conseguen avances".

Finalmente, o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Ramón Piñeiro, lembrou que "o único que piden é un salario digno" nun sector que tivo un incremento do 1,8 % na facturación. "Agora mesmo estamos máis preto do que estabamos hai unha semana de alcanzar un acordo", concluíu Piñeiro.

Temas: METALURXIA FOLGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta