O Sergas nega a traballadoras eventuais horas de lactación e permisos por matrimonio

O Sindicato de Santiarios Galegos públicos denuncia que a Xerencia do Servizo Galego de Saúde impide a unha empregada eventual escoller as súas horas de lactación así como gozar da licenza por casamento.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/07/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nin horas para a lactación nin permiso para casarse. O Sergas vén de impedir estes dereitos a unha traballadora eventual que pediu dúas semanas de permiso pola súa voda e escoller as súas horas de lactación, como prevé a Lei. Así o denuncia o Sindicato de Sanitarios Galegos Púlicos (SAGAP), que critica que o Sergas "se ampara nun acordo desfasado de 2001 que recolle, ademais, que as traballadoras que vaian casar non deberían aceptar os seus contratos de traballo". Este "ataque", din, "prodúcese ademais sobre o tipo de persoal máis precario co que conta a administración galega, os traballadores eventuais". 

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

O sindicato SAGAP, así como moitos membros da comunidade sanitaria galega, denuncian que a xestión do Sergas "ataca os dereitos das súas traballadoras ao mesmo tempo que asegura publicamente promover a concialición familiar e respectar os dereitos das súas traballadoras".

SAGAP lembra que está non é a primeira vez que se dá un caso deste tipo, e "son incontables as denuncias que sindicatos e traballadoras do servizo galego de saúde interpuxeron contra o Sergas", das cales "a maior parte acaban con sentenza favorable ás traballadoras tanto en tribunais estatais como en Estrasburgo", din dende o sindicato, que cualifica de "ruíns" e "impresentables" aos xestores do Servizo Galego de Saúde. "Os mesmos que se gaban da enorme conciliación familiar que nos permiten cando falan nos medios, toman medidas contra nós e as nosas familias sempre que teñen que tomar unha decisión", critican.

O Sergas nega a unha traballadora eventual o permiso por matrimonio.
O Sergas nega a unha traballadora eventual o permiso por matrimonio.
O Sergas nega a unha traballadora eventual escoller as horas de lactación.
O Sergas nega a unha traballadora eventual escoller as horas de lactación.
O Sergas nega a unha traballadora eventual escoller as horas de lactación.
O Sergas nega a unha traballadora eventual escoller as horas de lactación.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Marga

Verde Remeseiro saiu co rabo entre as pernas de Santiago e agora calzaronlo na Coruña

3 Doutor Sito

E que fan os liberados sindicais da Coruña do Sergas?

2 Faramello

Estades faltando á verdade. Lendo a primeira carta, NON lle negan as horas de lactación, senón que lle din que as pode coller nas franxas horarias nas que hai outros compañeiros de turno, e non cando está soa. Son cousas distintas

1 canteiro

as horas de lactancia tenas que coller a persoa traballadora cando lle cumpran á crianza non ao sergas. Neste caso o sergas non da as eventuais: nen lactancia, nen reducción de xornada nen vacacións no verao, nen licenza de matrimonio, ne dias de libre dispoición, se me descuido nen che deixa ir ao medico. Como é posible que haxa xente que leva de eventual dez anos e non colla unha interinidade. O que fai o sergas é cubrir grande parte do cadro de persoal co `persoal estatutario eventual e o trata coma basura. que saquen as prazas que fagan oposicions e se deixen de someter ilegadades todo o tempo.

1 canteiro

Non son xestores son explotadores e mala xente moi mala.