Temas: BOMBEIRO LUGO

Os bombeiros de Lugo denuncian que cobran 3.000 euros menos que os demais de Galicia

Pídenlle á Xunta os mesmos fondos que concedeu a Deputación de Lugo para equiparar soldos.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 06/07/2017 | Actualizada ás 11:07

Comparte esta noticia

Bombeiros da provincia de Lugo manifestáronse este mércores en Lugo para esixir á Xunta que desbloquee a súa equiparación salarial, pois está pendente de que o Goberno galego conceda os 330.000 euros que xa achegou o Executivo Provincial ao Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo para poder efectuarse. Estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo.  

Protesta dos bombeiros en Lugo para esixir as mesmas condicións salariais que os seus compañeiros do resto de Galicia
Protesta dos bombeiros en Lugo para esixir as mesmas condicións salariais que os seus compañeiros do resto de Galicia

Así, denuncian que cobran 18.000 euros ao ano e os de Ourense uns 21.000 euros; unha diferenza que, din, “non ten sentido, pois polo mesmo traballo hai que ter o mesmo salario”. Tamén o deputado provincial do PSdeG, Santos Ramos, denuncia que “o PP na Xunta e na Deputación tentan confundir á xente, posto que o Goberno galego non ten ningún problema en investir nos salarios dos profesionais de Ourense, pero si nos de Lugo”.

“Que se deixen de confundir e enganar á xente, facendo ver que defenden esta equiparación salarial na Deputación de Lugo, cando é a administración que si cumpriu cos bombeiros, por iniciativa do seu Presidente. Que defendan o mesmo ante a Xunta de Galicia, que é a administración, gobernada polo PP, que está a bloquear esta xusta equiparación salarial, que si fixeron na provincia de Ourense pero non na de Lugo”, denunciou en declaracións aos medios durante a protesta.

Temas: BOMBEIRO LUGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta