Feijóo, o presidente que nunca sabe nada das supostas corrupcións do seu partido

“Non sei” ou “non contesto” ou “xa veremos” soen ser as respostas habituais do líder do PP ante as supostas irregularidades manifestas de cargos públicos do seu partido. A última, sobre a situación do coordinador de Protección Civil da Estrada.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 06/07/2017 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

Un presidente e líder dun partido debería ser tallante sobre supostos comportamentos ilícitos, irregulares ou mesmo corruptos de integrantes e dirixentes da súa formación. É o que acontece en países cunha democracia consolidada. Países do noso entorno europeo. Pero, o presidente galego semella que vive nunha democracia que non é europea e que, ás veces, parece un sucedadeno de democracia.

Feijóo nunha intervención na Cámara galega
Feijóo nunha intervención na Cámara galega | Fonte: parlamentodegalicia.es

Non é a primeira vez, nin a última, que Galicia Confidencial lle pregunta sobre presuntos casos de corrupción e irregularidades manifestas do seu goberno ou do seu partido. Casos que son publicados por este medio, e por outros. Pero a resposta de Alberto Núñez Feijóo é case sempre a mesma. “Non sei de que me fala”, ou “non teño nada que comentar”  ou “xa se verá cando teña máis datos”.

Unha resposta, obviamente, que non soe dar a outros medios, aos grandes medios públicos galegos, ou  a outros medios privados “amigos” que reciben suculentas e millonarias axudas en concepto de publicidade institucional.

Sobre comportamentos políticos

E este xoves non foi unha excepción. “Sempre fala da limpeza na vida política. Cre vostede que un militante destacado dun partido político que é contratado por administracións que controla ese partido e que, a súa vez, ten unha empresa que se beneficia de contratos públicos desas mesmas administracións non tería que dimitir”, preguntou GC. “Pois habería que ver o caso. Como vostede sempre é tan xeral non lle podo contestar”, respondeu Feijóo.

Feijóo nun mitin do PPdeG
Feijóo nun mitin do PPdeG

“Home, é unha pregunta xeral sobre comportamentos políticos. Pero son máis concreto, fálolle do coordinador de Protección Civil da Estrada”, engadiu este medio. “Pois tampouco sei”, suliñou Feijóo. “Pois ten preguntas na Cámara ao respecto para saber do que falo”, insistiu GC. “Pois se xa hai preguntas xa responderá o PP cando chegue o momento”, limitouse a responder o presidente da Xunta.

Obviamente, Alberto Núñez Feijóo non sabe ou non quere responder sobre as  actividades de Carlos Faílde, destacado militante do PP e directivo de varias empresas que facturan regularmente tanto ao propio Concello da Estrada -no que traballa como coordinador de Protección Civil- como a diversos entes dependentes da Vicepresidencia. Unha información que publicou en exclusiva este medio, pero da que tamén se fixeron eco outros medios como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Praza ou a Cadena Ser. Senón sabe, malo, por non ter un gabinete de comunicación á altura que informe a un presidente dos temas polémicos que lle afectan ao seu goberno, como se facía na época de Fraga, e se non quere contestar, peor, aínda que sexa a este modesto medio, porque entón estase convertendo en cómplice deses comportamentos.

A oposición preguntará

Terán que ser os grupos da oposición os que lle lembren ao Goberno galego que cumpla as súas funcións. Así, Luís Villares, Carmen Santos e Paula Vázquez realizarán unha pregunta á Xunta para saber se “era coñecedora da relación persoal e económica establecida entre Sr Rueda e Carlos Faílde?”. Fontes locais informaron a GC da súa amizade con Rueda, con quen compartiría ratos de ocio e paseos en moto. Faílde en declaracións a este xornal non negou a amizade, mentres que Rueda admitiu coñecelo, pero só de actos oficiais. Faílde é cargo na cúpula local do PP na Estrada e habitual nos actos institucionais da Xunta na vila. Xoga un papel importante nas campañas da formación conservadora. 

En Marea entende que podería estar violando a Lei de Incompatibilidades ao compaxinar o traballo en emerxencias coa venda de material de emerxencias á Administración e pregunta que tipo de sanción se prevén para estes casos. 

Tamén o responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, presentou no Parlamento unha serie de preguntas parlamentarias sobre a concesión de contratos públicos da Xunta en materia de telecomunicacións e equipamentos de emerxencias ao coordinador de Protección Civil e encargado do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da Estrada (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

4 Nexus 6

Tiene razón el titular, aunque al redactor se le olvida añadir que sólo sabe ganar elecciones por mayoría absoluta. Una y otra y otra y...

1 crua realidade

pois (tristemente) tes razom. E ti votáches por el?

2 Pperito da aldea

Sí,pero como para algúns só lle votamos catro paletos do rural que ni idea de lo que se mueve en la citi, os vellos da aldea que non teñen experiencia na vida, os autónomos que non saben o que é gañar o pan, os empresarios que viven como funcionarios.... Como non o votan os listos da esquerda...non está lexitimado.

3 Ana

Igual que o Comunista Independentista ou a Kollontai Kollona cando se fala do trinque do BNG ou o desleixo da Marea. Asubian e fanse os xordos até que escampe. Ratazanas da política non só hai no PPsoE!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita louzanista

2 comunista dependentista

Como se fose un asesor da marea vamos

1 O que queda do Bng

Para asesores bos, os que tedes no Bng, sobretodo en Ribadeo: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

2 Procesiones fora

Está claro mareante está claro. http://www.abc.es/espana/galicia/ab...

3 Amigos para siempre

Que ratas sodes! Si, falo de vós, benegaios e mareados podemitas! Ruindade e falsidade como argumento! Claro que en Ribadeo gobernan impostores, que se ofreceron para ir agasallar ao Borbón (declarado textual polo alcaldiño), igual que fixeron en Monforte, en Carballo, en Pontevedra... No Bolo, na Cañiza e mesmo o alcalde de Portomarín foron do BNG e agora son Podres. Antes tamén, por suposto! E das Mareas que dicir: "puta coja", "cretinos", "patera asquerosa", "pobo ignorante"... Deputados impresentables, algunha defendeu dedicacións de avenidas ao fascista Fraga, outras --certo-- encubriron pederastas e depuraron denunciantes, hai paxaros sindicalistas e altermundistas que esconden que son empresarios hoteleiros... Con vós o sistema está a salvo!

4 B"N"G cipaios

Procesiones, cada vez que pretendas relacionar Age con pornografía, recorda que o agresor sexual confeso de CxG foi varias veces membro das direccións de Paliza Boba e B"N"G. Volve a por outra, cipaio.

5 E ti máis...

Cada vez facedes máis evidente que BNG e Mareas sodes a mesma merde (que diría a fina Letizia, pola graza de deus). Amparades corruptos, mercenarios e vividores igual que o PP.

6 comunista independentista

Por non falar daquel ex-alcalde da U que tiña a man lixeira coa súa parella, Procesiones.

1 Don Alberto N. F.

mentres tanto...
na portada de La Voz: A sardiña de oferta a 2,45 en Gadis...
...no Faro: o parricida...
...no Parlamento... nada que saliantar.