Convócanse oito bolsas no Ramón Piñeiro para avanzar na promoción e normalización do galego

Terminoloxía, lexicoloxía, literatura, lírica, xornalismo ou identidade colectiva son algúns dos temas de estudo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/07/2017 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocará este ano oito novas bolsas de formación en proxectos de investigación desenvolvidos polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH). O obxectivo é, segundo este departamento, avanzar no coñecemento, normalización e promoción do galego, así como no fomento do seu uso en todos os eidos profesionais, académicos e sociais; ao tempo que se facilita a especialización na formación académica dos titulados universitarios que poderán acceder a estes postos.

Expertos en Literatura infantil no Centro Ramón Piñeiro
Expertos en Literatura infantil no Centro Ramón Piñeiro | Fonte: cirp.es

O Consello da Xunta deu hoxe luz verde a esta convocatoria, á cal se destinarán 190.080 euros, que vai dirixida a licenciados e/ou graduados universitarios en filoloxías e área de Humanidades, con diferentes requirimentos en función de cada un dos proxectos, que poderán consultarse na súa convocatoria. En concreto os proxectos incluídos nesta convocatoria son os de ‘Etiquetador/Lematizador do galego actual’, ‘Corpus documentale Latinum Gallaeciae’, ‘Bibliografía informatizada da lingua galega’, ‘Proxecto de Terminoloxía científico-técnica’, ‘Proxecto Informes de Literatura’, ‘Recuperación de textos literarios e xornalísticos galegos’, ‘Lírica profana galegoportuguesa’ e o proxecto ‘Dimensións da identidade colectiva de Galicia’.

As bolsas -cunha contía de 990 euros brutos mensuais durante tres anos- concederanse

en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Para a selección dos bolseiros terase en conta o expediente académico e a realización de cursos, másters de investigación e diplomas de estudos avanzados (DEA) relacionados co obxecto das bolsas; as publicacións, as comunicacións en congresos e mais a realización dunha entrevista persoal. Nesta entrevista valorarase o coñecemento do proxecto de investigación concreto e daqueles medios instrumentais necesarios para o que presenta a solicitude, a motivación e a iniciativa.

Traxectoria do CRPIH

Nestes 22 anos, pasaron polo CRPIH 445 investigadores/as diferentes: 308 bolseiros/as galegos/as que se formaron participando nos proxectos do Piñeiro e outros/as 137 bolseiros/as dos máis diversos países do mundo que estiveron un semestre desenvolvendo traballos de investigación propios asesorados polos directores de proxectos semellantes aos seus  do centro de investigación que hoxe cumpre dúas décadas. "Moitos destes bolseiros son hoxe doutores, profesores universitarios ou docentes no ensino medio e, dende os seus postos actuais, continúan a ofrecer importantes contribucións ao coñecemento sobre a lingua e a literatura galegas", apunta a Xunta.

Actualmente, o Centro Ramón Piñeiro ten en marcha un total de 20 proxectos de investigación. Na área de lingua, avánzase no Corpus de referencia do galego actual (CORGA), no Sintetizador de voz para o galego CoToVía, na Bibliografía informatizada da lingua galega (BILEGA), no Corpus documentale latinum Gallaeciae (CODOLGA) ou na liña de investigación de fraseoloxía galega.

Na área de literatura, hai proxectos orientados á literatura medieval, coma o Arquivo Galicia Medieval, e outros dirixidos ao estudo da literatura galega contemporánea, coma o de Bibliografía da literatura galega, o Dicionario xeral de termos literarios, os Informes de literatura, os proxectos de recuperación de narrativa, de poesía ou de revistas dos séculos XIX e XX ou os Cadernos Ramón Piñeiro. Ademais, prodúcense obras de filosofía, de socioloxía, de cinema ou de ciencia política.

Temas: GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Nexus 6

Si se gastasen el dinero de todos en asuntos realmente importantes, mejor nos iría a todos los gallegos. Desde los años 80 se han gastado muchos cientos de millones de euros (me atrevería a decir que miles) en todo lo relacionado coa língua (propia e bla, bla, bla) ¿para qué? Para que unos cuantos bandullos agradecidos cuya trayectoria literaria y cultural se reduce a cero, vivan de la mamandurria; eso sí, arropados por los culturetas y nazionatas de turno, a quienes tampoco les va mal con el asunto de la Anormalización.

1 Dr. Doom

Tem razom. O Santiago Rey bem pode ir devolvendo o dinheiro todo !