Sr.Feijoo baixe do cabalo

Os conflitos teñen a súa xéneses e os seus antagonismos. A Consellería de Educación do Goberno Galego decide o peche do Monte Caxado en As Pontes.A maioría do pobo consideramos tal medida inxusta e carente de motivacións.

Por Fermín Paz | Ferrol | 07/07/2017

Comparte esta noticia
Si non houbera posicións en disputa non habería confrontación e si as razóns do peche do Monte Caxado foran de moito calado atopariámonos diante dun artificio de  loita de moi difícil xustificación por parte d@s que defendemos a continuidade da actividade no citado centro.
 
Así comeza o conflito, cunha  agresión. A loita é unha resposta defensiva e democrática.
 
É un recorte mais, vestido de aforro, enxurado nunca vella tremoia que,coma sempre tratan de poñer por enriba do sentido común con pseudoargumentos  educativos dos decididores, misturados coa mesma ideoloxía de calquera das reformas que nos levaron o ceacú social.
 
Hai conflito  pola forma e polo fondo. No primeiro dos casos,  quen toma a decisión política o fai con nocturnidade e malas artes. Aproveitase o remate do curso e o período de lecer para tomar unha medida sin aviso e sen negociación, disque, para non causar estres no remate das clases, o alumnado. O carallo é, que coa súa decisión, estres non vai faltar, porqué  dobrar polas  boas non vai ser doado, nin para eles nin para nós.
 
Gobernar é un exercicio  de responsabilidade. A imposición sen mais, é todo o contrario. A participación na vida política non consiste só en votar cada 4 anos por moito que traten de confundirnos. A democracia non ten patentes nin propiedade privada. O pobo é seu destinatario e polo tanto quen toma as decisións. Calquera medida gobernativa pode e debe ser informada, debatida e logo comprendida ou protestada. A delegación representativa non é permanente nin unha carta en branco.
 
Na análise do conflito temos que ter en conta que estamos diante dunha primeira fase. Tratase de impoñer unha linguaxe conceptual.Por iso a Consellería fala dunha reordenación, dun  traslado , non de peche. De sempre, este é, o  primeiro asunto da liorta en calquera conflito. Reforma é unha verba  moi de moda na actualidade. Agacha moitas das veces unha política de derrube e retroceso nos dereitos sociais  e laborais. Probas dabondo  temos para saber que a decisión tomada  no Goberno Galego no vai ser variada con declaracións  e prácticas instaladas no "boísmo". 
 
Lexitimada a necesidade de pechar o Colexio a mobilización e a loita  ficaran deslexitimadas. Por iso @s quen di que a loita é unha perda de esforzos e de tempo , son aliad@s de feito, dos que queren  pechar o Monte Caxado.
 
É moi importante consolidar e socializar a idea da arbitrariedade no peche e que estamos diante dun ensaio para unha sistematización da reordenación no ensino público. Illar o conflito no localismo sería un erro. A plataforma galega para a defensa do ensino público é unha boa ferramenta para paralizar a medida e logo elixir unha negociación a nivel Galego. 
 
Si dimensionamos ben  o conflito non deberíamos caer nos erros  clásicos: infravalorar o contrario , deixar a iniciativa, verticalizar as decisións, hexemonizar de feito a representación de quen loita, aprofundar no apoliticismo e na neutralidade social,  non estar preparado para os revés nin para unha axenda mais aló do cortoplacismo.
 
Fronte a imposición do peche (obxectivo da Consellería)  sería bo unha  mesa de negociación que é a saída lóxica nun conflito desta natureza, onde fica claro que As Pontes está disposto a negociar previa retirada da decisión. E namentras a Consellería, dando couces nos asuntos colaterais como horarios, transporte,etc...,pero sin baixarse do cabalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.