Resposta a “ENCE e vasalos”: o eucalipto arde 3,5 veces máis co carballo

A maior asociación ecolóxica do país entra no debate sobre a campaña publicitaria “Datos, non opinións”, que onte debullou GC. Adega responde cun comunicado crítico no que alerta de que “a incidencia do lume nos eucaliptais é máis do triplo que nas frondosas autóctonas”. Ironicamente, o comunicado leva o título “Datos, non manipulacións”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 07/07/2017 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

ADEGA interpreta que é ENCE a responsábel da campaña pro-eucalipto nalgúns xornais e denuncia os “trucos de trileira” da pasteira. “ENCE e os seus vasalos lanzaron unha campaña ‘informativa’ para desvencellar ao eucalipto da problemática dos incendios”, din os conservacionistas.

Incedencia de lumes por especies
Incedencia de lumes por especies | Fonte: ADEGA

Que arde máis, os eucaliptais, os piñeirais ou os bosques caducifolios autóctonos? Tirando de datos oficiais, ADEGA demostra algo evidente, que proporcionalmente os lumes forestais afectan máis aos eucaliptais. “O tipo de árbore que arde en maior proporción é o eucalipto, seguido do piñeiro e por último, as carballeiras e frondosas autóctonas son as menos afectadas polos lumes, estando ademais a maioría destas masas en situación de abandono”, argumentan. Os ecoloxistas aseguran que “A incidencia do lume nos eucaliptais é 3,55 veces maior que no bosque autóctono”. 

Sobre a campaña, intentan demostrar que a mente ao poñer o énfase só no abandono do rural, dado que este abandono retroaliméntase coa propia expansión dos ecualiptos. 

Por outra banda, informar do nacemento dun foro para o deseño de políticas alternativas de loita contra o lume. Consello Forestal de Galicia -Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Organización Galega de Comunidades de Montes e Asociación Forestal Frouma son os seus promotores deste grupo crítico coas políticas da Xunta.

Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana

Avance do eucalipto fronte ás carballeiras
Avance do eucalipto fronte ás carballeiras | Fonte: Adega
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

10 Rfor1935

Tantos comentarios, é ninguén fai inciso en que os olcolitos e os piñeiros abundan nos montes e terreos de mala calidade agraria (monte, terras daquelas que nos Mapas de Clases Agrológicas de tempos de Paco -non por elo mal feitos- eran de clase cuarta, quinta, sexta..., e pena viva!) e escasean nos vales e primeiras clases Agrolóxicas, alí onde o arborado que abunda son as frondosas autóctonas. Pois ben, estou á espera de que algún experto en lumes explique o que pasa nos fondos de val e nas zonas máis húmidas respecto a aquelas máis secas, e que tipo de vexetación de sotobosque hai nunhas e noutras, e como incide eso no avance do lume...,porque non olvidemos, que aquí, arde porque se lle planta. Por favor, rigor científico, lóxica e formal e menos pensar co cú.

9 Ecoloxista indignada

No Galicia Confidencial non interesan os verquidos contaminantes de lamas vermellas con sosa cáustica e outras ducias de tóxicos da factoría de Alcoa San Cibrao. Por qué? Pois agardo a resposta

8 Loitaspartilladasnon

Cal é a situación despois daquela manifestación, con tan poucos manifestantes, pero tan aireada nos medios: moito peor. Grazas. Vou sacar o sombreiriño de aluminio e mirar se vexo a algún membro da conspiración reptiliana. Vós non sodes a Galicia na que eu creo nin representades á que eu pertenzo. Non creo nas loitas partilladas, senón nas loitas pola xustiza e o benestar para todos. Por un movemento nacionalista e galeguista sen minifundios ideolóxicos, aberto e coñecedor da realidade! E sobre todo sen persoas dispostas a abandonarte en calquera momento.

7 Loitaspartilladasnon

Doeme que fagades política tan rastreira cun tema tan sensible. Non me gustan os eucaliptos e son consciente do que traen consigo, pero non podedes dicir que cómpre rematar con todos eles sen propoñer un plan alternativo. O bipartito tentouno, pero a dereita e a esquerda con vós entre eles ben que vos manifestastes para acabar con calquera esperanza de mudar algo. A min non me veñades a dar leccións vós. https://elpais.com/diario/2008/02/1...

6 Loitaspartilladasnon

Somos moi ricos os galegos en auga e terras cultivables e non o sabemos. Esta é unha forma de distraernos máis e de obviar o verdadeiro debate: por que e para que cada ano se abandonan máis terras de cultivo en Galicia? Son de aldea e malia que non vivo do que me proporciona a terra gasto recursos en tentar mantelas cando menos rozadas porque sei da suor, sangue e bagoas que hai detras de cada leiro, prado, fraga e leira... Meu avó atesouraba coma ouro en paño as escrituras hoxe case ilexibles de fincas adquiridas en 1830 por exemplo.