Temas: POLICíA

O BNG pide que se suspenda o uso de pelotas de goma, porras e gases lacrimoxénos por parte da Policía

Lembra que o Parlamento Europeo instou aos países membros á prohibición do uso de pelotas de goma contra a poboación civil.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 08/07/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG de Santiago traslada unha iniciativa ao vindeiro Pleno de xullo co obxectivo de transmitirlle ao Ministerio de Interior a vontade de que sexa suspendido, de xeito inmediato, de acordo coas recomendacións do Comité contra a Tortura da ONU, o uso de pelotas de goma, defensas extensíbeis, armas de electrochoque e gases lacrimóxenos por parte das forzas e corpos de seguridade nas mobilizacións cidadás que se produzan no concello de Santiago de Compostela.

Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación
Policias subidos a furgonetas para disparar botes de fume e pelotas ao interior do Colexio Peleteiro, tras o intento de okupación | Fonte: Galiza Contrainfo

Asi, lembra que o Estado español subscribiu o protocolo da Convención contra a Tortura e outros Tratos ou Penas Crueis, Inhumanos ou Degradantes, adoptado pola Asemblea das Nacións Unidas en Nova York o 18 de decembro de 2002. Esta comisión, nun informe de 2009, advírtelle ao Estado español que sería oportuno incluír explicitamente no Código Penal que o acto de tortura pode ser cometido por persoas no exercicio funcións públicas e que a finalidade de tortura pode incluír os obxectivos de intimidar ou coaccionar.

“As forzas e corpos de seguridade do Estado español son das poucas policías europeas que aínda utilizan balas de goma en manifestacións e eventos públicos como método destinado a disolver concentracións de persoas”, critica. Así, insiste en que o Parlamento Europeo instou aos países membros á prohibición do uso deste tipo de armas contra a poboación civil. Pronunciouse no mesmo sentido en 1984 e en 1997.

Ademais, apunta que as armas de electrochoque están creadas para incapacitar persoas mediante descargas eléctricas e que o “Taser” recibiu fortes críticas por parte de organizacións de dereitos humanos, así como polo Comité contra a Tortura da Organización das Nacións Unidas, que determinou “que o seu uso provoca unha intensa dor, constitúe unha forma de tortura e mesmo pode causar a morte”. Por iso, instou, especificamente, ao Estado español a non utilizar estas armas.

Os gases lacrimóxenos son unha arma química que provoca irritacións oculares, respiratorias e cegueira temporal. A área de dispersión do gas vai dos 60 aos 300 metros cadrados e os síntomas empezan uns 30 segundos após da exposición”, sinala. O BNG di que, cando se usa en rúas estreitas e espazos reducidos ou pechados, as persoas están expostas a unha concentración elevada de gas e os efectos para a saúde poden ser severos. Neste ámbito adoita causar vómitos, diarrea, queimaduras na pel, danos oculares graves na córnea ou desgarro da conxuntiva, entre outros. Tamén están rexistradas feridas graves na cabeza e queimaduras a causa do lanzamento destas bombas de gas cando impactan contra as persoas.

En canto ás porras extensíbeis, lembra que o seu uso está autorizado para inmobilizar, controlar e reducir; mais non para golpear como aconteceu nunha das últimas mobilizacións de Santiago de Compostela. A rotura de costelas é unha das consecuencias da súa mala aplicación e teñen provocado contusións cervicais e traumatismo cranioencefálico, como recoñecen sentenzas que describen estas lesións.

Temas: POLICíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Antinostrus

Antiescoria: eu non son dos primeiros, dos segundos nin dos terceiros...o meu pensamento é libre...non preciso vender-me a un uniforme (azul ou verde), lamber-lla ao Cabo Furriel ou dar Vivas a un Estado Asoballador a cambio duns mendrugos que botar-me á boca...que pena me dás co desgrasiadiño que es!!!!.

1 nostrus

Ti das mágoa, e moita, pero fódete, porque os que non tedes nin patria, nin bandeira, tampouco tedes sentimentos, nin familia, nin amigos e como seguro que tampouco tes fronteiras, tampouco saberás ata onde chegan os teus direitos e non terás reparos en asovallarllos aos demais. Moito mais parecido as cobras que as personas.

2 Anti-jetas

Claro Antinostrus, ti só te pos de xeonllos ante o xefe do sindicato para que che faga "liberado", participas en cursos de formación ficticios para financiar a uns e outros, ademais de coller o autobús pago polos mesmos de sempre para pasear a asquerosa bandeira da estrela vermella

1 Nemo

Vale, pero a próxima vez que haxa que disolver unha manifestación de vándalos ou violentos que poñan diante aos do BNG. Ou aos europarlamentarios. Co que cobran uns e outros está máis que xustificado.

1 Antinostrus

Vándalos non sei..pero Violentos-Violentos só os Monopolizadores da Violencia: Mercenarios do Estado a mallar nos Cidadáns...... aínda que pasasen por alí..........cando nunha Manifestación Non hai Antidisturbios nunca pasa nada.....existe Retroalimentación entre a Presenza destos Corpos Especiais e as Alteracións que eles provocan (as veces con Infiltrados de paisano) para que a enganada opinión pública solicite a súa presenza...o mesmo pasa coas Empresas de Alarmas ou das que viven dos Lumes Forestais......e hai moitos mais exemplos...incluso Gloria Metílico e Porcus Nostrus (como Bos Postgoebbelianos) saben moito deso de crear "Alarma Social"....

2 Anti-escoria

Se lles dás a escoller aos galegos entre os policías e os ladróns que se dedican a ocupar casas que non lles pertencen, o 99,9% queda coa policía. Evidentemente ti non estás entre eles, supoño que és dos segundos.

3 nostrus

Antinostrus, veo que tus padres te engendraron mezclando agua y mier-da y se pasaron en la cantidad de mier-da

4 urco

A proxima vez que ah policia espanhola lhe deh por fazer praticas de tiro contra a cidadania, ja temos uns voluntarios pra que lhes tirem um olho da cara como lhe sucedera a Ester Quintana.

5 Antinostrus

Porcus Nostrus...ti como Bó Mercenario...segue-lle a Lamber na raxa do Q do Subsecretario do MI para Vendidos por Vinte e Nove Denarios e Cipaiomononeuronais Irrecuperabeis...e non te confundas, par dieux, o amarelo que tén é mer da frescocha para tí, miserabel malandro enxendrado en porca de cochiqueira de pai anonimus, e non o gualda da túa querida spanish flag.....