Temas: LIDIA SENRA

Cales son os "perigos" do neoliberalismo?

Lídia Senra di estar “profundamente convencida” de que "só desde unha perspectiva nacionalista e de esquerda, pensando en clave nacional, social e de país, se poden dar solucións a esta problemática".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/07/2017 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Europa e Galicia está asistindo a máis políticas que van contra a sustentabilidade ambiental, social e económica. Así o asegurou este sábado a eurodeputada nacionalista de AGE en Europa, Lídia Senra, que denunciou o “desleixo e abandono” por parte das Administracións, é dicir, pola “decisión política das Administracións de non actuar, de deixar que todo o territorio se deteriore". "Levan moitos anos, tanto as institucións europeas como as estatais e as galegas poñendo os nosos recursos nas mans das multinacionais e de empresas e persoas alleas ao noso pobo, para o que precisan o balierado do medio rural, cosa que están facendo a través das políticas agrarias, forestais e co desmantelamento dos servizos públicos básicos”, denunciou.

Foi no marco da xornada “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa” impulsada e organizada por Senra en colaboración coas asociacións Anova Terra,Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña, Umia Vivo e Plataforma pola Defensa do Patrimonio Termal. Unhas xornadas nas que se alertou sobre os perigos do neoliberalismo.

De feito, a eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) amosou o seu convencemento de que “sustentabilidade non é nin será posible desde unha perspectiva neoliberal”, xa que todas as políticas que o neoliberalismo puxo en marcha baixo o nome de sustentábeis “en realidade foron encamiñadas a pór os recursos dos pobos en mans das multinacionais e polo tanto, de sustentábeis non teñen nada”.

A xornada prolongaranse durante todo o día, coas intervencións de Pedro Mota e Costa, chegado de Portugal, docente de Ensino Superior e asesor de Xestión Autárquica e Finanzas Locais; Eduardo José Corbelle Rico, enxeñeiro de Montes e profesor universitario de Enxeñaría Agroforestal no Campus de Lugo; Belén Fervenza, responsable do sector de horta, froita e flor do Sindicato Labrego Galego(SLG); María Ángeles Ríos Pintos, da Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra; Heitor Picallo Fuentes, enxeñeiro e investigador, membro da Plataforma pola Recuperación do Patrimonio Termal de Cuntis e Caldas de Reis; Telma Lago Rodríguez, da Cooperativa Nosa Enerxía; .Antonio Costa, presidente da Asociación Irmandade Illa de Tambo; e Xesús Rodríguez Castro, presidente da Asociación Umia Vivo.

Perspectiva nacionalista e de esquerdas

No transcurso da mesma, Senra alertou de que esas políticas van encamiñadas a que se abandone o rural "para que poidan entrar as grandes empresas e seguir roubando, espoliando os nosos recursos”. Fronte a esta situación, dixo estar “profundamente convencida” de que "só desde unha perspectiva nacionalista e de esquerda, pensando en clave nacional, social e de país" se poden dar solucións a esta problemática. "Se non somos quen de poñer alternativas enriba da mesa, ninguén o vai facer por nós”, advertiu.

Así, a europarlamentaria fixo mención a algunhas decisións totalmente insustentábeis tomadas en diferentes ámbitos da Administración e referiuse, por exemplo no Estado, á intención de montar unha granxa de 20.000 vacas de leite en Soria, “unha barbaridade que, de levarse a cabo, vai impactar nas pequenas e medianas explotacións nosas tamén”, dixo.

Relacionado co bosque, Senra referiuse á resolución debatida e aprobada recentemente no Parlamento Europeo sobre unha nova estratexia forestal para a UE. “Todas aquelas achegas que se fixeron desde o GUE/NGL no sentido de propoñer que se prohibira o uso de pesticidas no cultivo de forestais, porque son perigosos para a saúdo e contaminan a auga, foron rexeitadas”, denunciou. “E o mesmo cando propuxemos que se tiveran en conta formas de tenencia do monte como os montes veciñais en man común os ou baldíos en Portugal. Os grupos maioritarios da Eurocámara non o aceptaron tampouco, porque o neoliberalismo, baixo ese concepto de sustentabilidade,, o que está é apostando por unha estratexia para seguir concentrando os recurso e a riqueza nas mans das multinacionais”, recalcou.

Lídia Senra inaugura as xornadas sobre A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa
Lídia Senra inaugura as xornadas sobre A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa

Participantes na ornada sobre sustentabilidade organizadas pola eurodeputada Lídia Senra
Participantes na ornada sobre sustentabilidade organizadas pola eurodeputada Lídia Senra
Temas: LIDIA SENRA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 arzuacapital

"Perspectiva nacionalista e de esquerdas", manda carallo, hai que joderse. Xusto o que criminalizaban os machotes da Fg e martiñistas que puxeron a Lidia S. como candidata galega de anova nas listas de IU á UE, cando anova sufreu o seu primeiro racho. Eses que son especialistas en destruir todo no que se meten, a brigada de demolición da esquerda nacionalista galega, cun glorioso curriculum (KO a anova) agora queren tamén escarallar enmarea e cargarse a Villares. De risa, cousas veredes. "O LK fai estrajos na xuventú", como dixo o outro.

4 Selva Negra

Non teño nada en contra de Lidia. De feito acórdome de estar agardando por ela nun mitin hai 20 anos que se tivo que suspender por estarmos cinco. Creo que dentro das Mareas é unha das representantes que máis está a traballar e con sentidiño. Non obstante, Lidia, dende a miña nostalxia de adolescente ilusionada e traizoada moitos anos despois por quen votei por ir nunha lista e acabaron índose para outra teño moitas preguntas. A 1ª é: por que nos fixestes isto? A 2ª é porque eu iría antes tomar un café con Nostrus e non contigo e coas xentes que vos dicides nacionalistas e estades aí... Aí, Lidia, aí. Nunca volverei aos 17 e nunca volverei a crer en vós. Síntoo por ti, porque me pareces unha muller honrada e valente. https://www.youtube.com/watch?v=Oe1... Para min volver aos 17 e volver a ser unha pringada ideolóxica (e non só) que cre calquera milonga... Porque milongas foron, Lidia, se non, por que estás ti aí?

1 Selva Negra

Hai 30... Coma engana a memoria e ata a dor de imaxinar que unha foi nova e tivo esperanzas... E coma estas foron traizoadas. Nunca o esquecerei, pero podo perdoar. Facede o correcto agora... E unha decisión pragmática, xa nin sequera ideolóxica. Pensade en que situación ides quedar despois de todo o que está a pasar cos vosos semellantes en Cataluña... Din que a vida che dá grandes amarguras e grandes ilusións. Vós déstesme todo xunto e de vez, coma aquel horrendo calcio que me daban de pequena. Por que o fixestes? Para que e para quen? Crin en vós, malia converterme en moi crítica coa idade e cando vós abandonastes o barco eu, que xa estaba fóra de calquera barco, tiven que saír a defender o nacionalismo galego. Que pena, Lidia, que pena.

2 nostrus

Luguesa, xa che teño dito en algunha ocasion que probablemente non sexas tan radical como pretendes amosar e o teu cabreo se deba a pasar demaseado tempo con malas compañias. Eu creo que tamen coñezo a lidia dende hai moitos anos, concretamente nos meus tempos de estudante e sinon me equivoco por aquelas datas Lida era xa unha activista (sinon me trabuco andaba repartindo pegatiñas por Monforte que dician "Xove non, gracias"). Si queres un consello, que non te engaiole o nacionalismo, eu mesmo cheguei a militar no 1980 na INTG (precursora da CIG) e sain de ali espantado polo mal alento que se respiraba e onde che intentaban demostrar que ser galego e español non era compatible, pois eu non renego de nada do que son porque non o preciso para ser e sentirme galego. Conmigo que non conten, pero para eso xa hai sepa-ratas, inde-pendencieros, galizos e nacistas como Antinostrus e outros membros da fauna española do noroeste. Un saudo Luguesa

3 Selva Negra

A ver, Nostrus, é sinxelo: ti a min non me traizoaches, ata onde eu te coñezo do teu perfil aquí. Estes si. Eu votei por unha lista que moitos deles abandonaron. O único que sinto é que anden a contarlles milongas, coma as que a min me contaban, aos máis novos... Polo que ti dis, isto é o que ti e eu puidemos ter en común... Non é unha época da que me queira acordar porque cando o pasei mal quedei tirada e saín adiante por min mesma. Por isto podo falar e por iso me enfado ás veces, polas milongas que estes contaban e eu de fata crin. Houbo das que me andaban a min dando leccións que en canto puideron se pasaron ao PSdG... Seguro que nestes intres andan con esta xente. Agora ben, malia todo, e non sendo nacionalista, sigo a crer que o bloque é para as xentes de esquerdas galeguistas ou nacionalistas a alternativa. Gustaríame telos mandado a un sitio que ti e eu sabemos hai tempo... Pero a min criáronme nuns valores que hoxe non se estilan.

3 nostrus

Lo que realmente es peligroso es el nacionalismo, por el rencor y odio que es capaz de generar, por las alucinaciones y manias persecutorias que sufre y por los enemigos que se inventa. El nacionalismo no es una teoria politica, es un modo de filosofia basado en la intromision en la vida de la gente y en las mentiras que dice en torno a la historia. Pretende convertir a las personas en una especie de engranaje para construir una cultura diseñada por ellos y en la que se fanatiza en unos conceptos y a la vez desprecia otros. Nacionalismos NO, ya hay bastante maldad en la Naturaleza.

1 arzuacapital

viva españa, vale...el nacionalismo bueno

2 Bisbardos

Os perigos da que cobra 7.500 euros ao mes. Os peligros de ser eurodiputada: Solo asistieron 30 de los 751 eurodiputados a un debate con el primer ministro de Malta para hablar del semestre europeo. http://www.abc.es/internacional/abc...

1 Gamela

"Senon somos quen de poñer alternativas enriba da mesa, ninguén o vai facer por nós" E polo que se pode ver NON SOMOS QUEN ! https://goo.gl/zGzR3O Ou para ser máis exactos somos quen de seguir especulando co valor da Terra cando está a piques de desaparecer xunto coa poboación do rural no corazón da Galicia. Semella que todas levamos o "neoliberalismo" pegado ao corazón (coma se fose unha desas APP descargables!) Cómpre pensar máis aló dos cartos pero iso é case imposible como podemos ver na orde do día de En Marea que teñen un problema de nóminas e, segundo parece, nin saben que facer cos cartos que cobran das Institucións. Outros argallan Fundacións para ampliar e protexer o seu capital pero estes semella que queren seguir gastando alegremente no mercando do neoliberalismo reinante... Pero iso non se pode dicir, está mal visto falar de cartos (coma se fosen ricos de familia, algúns certamente o son)