Cruceiro de Roo mobilízase contra o peche do CEIP Emilio Navasqües

Pilar Aymara visita un dos centros escolares que pecha a Xunta.

Por Galicia Confidencial | Outes | 10/07/2017 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria consumou a reorganización do mapa de centros de Galicia para o próximo curso, pola que se formalizan distintas fusións, integracións e transformación de centros públicos integrados que levan á extinción do CEIP Emilio Navasqües de Outes e do CPI Monte Caxado nas Pontes.

Cruceiro de Roo (Outes) mobilízase contra o peche do CEIP Emilio Navasqües
Cruceiro de Roo (Outes) mobilízase contra o peche do CEIP Emilio Navasqües | Fonte: Pilar Aymara.

Esta decisión, comunicada aos centros nas xornadas previas ao fin de curso, xerou unha resposta dos veciños das localidades afectadas, as críticas de sindicatos de profesorado e dos partidos da oposición. Todo iso desembocou nunha multitudinaria marcha que rodeou as instalacións da Xunta en Santiago de Compostela.

Pilar Aymara visitou CEIP Emilio Navasqües, na parroquina de Cruceiro de Roo, en Outes. Alí, en pleno, verán, continúan as mobilizacións.

Tags: #Educación
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta