Regresa ao centro de menores de Lugo o mozo de 14 anos desaparecido tras discutir coa súa nai

O rapaz está durante o día tutelado nun centro da Xunta na capital lucense e non regresara ao domicilio da súa nai en Rábade, onde durmía polas noites.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2017 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O mozo de 14 anos que non regresara ao domicilio da súa nai en Rábade (Lugo) o fin de semana tras discutir con esta regresou este luns ao centro no que está tutelado durante o día. Así o confirmaron fontes próximas á investigación, despois de que a Policía Nacional activase un dispositivo para tratar de localizar ao menor que durante a fin de semana non acudiu ao seu domicilio tras denunciar a súa nai que se marchou, pero publicou fotos cos seus amigos nas redes sociais.

Lugo, cidade  na que o mozo é tutelado pola Xunta nun centro de menores
Lugo, cidade na que o mozo é tutelado pola Xunta nun centro de menores | Fonte: Guido Álvarez

O menor atópase durante o día tutelado nun centro da Xunta en Lugo, mentres que pola noite acode a durmir ao domicilio da súa nai en Rábade.

O xoves, tras saír do centro, retornou ao seu domicilio pero, despois de enfadarse coa súa nai, segundo relataron as mesmas fontes, marchouse e a súa proxenitora presentou denuncia pola súa desaparición na Comisaría da Policía Nacional de Lugo.

Tras a denuncia, a Policía localizou ao menor e devolveuno ao seu domicilio, pero volveu marchar sobre as 1.00 horas do venres, despois de que a nai o seguiu e, ao volver desaparecer, presentou unha segunda denuncia ás 2,00 horas.

O venres acudira ao centro de menores con normalidade, onde manifestou que seguía enfadado coa súa nai e dixo que tiña intención de regresar ao mesmo este luns, como así ocorreu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta