Temas: DESAPARECIDO

A Fundación QSDglobal activou 27 alertas por desaparicións en Galicia no primeiro semestre

Galicia sitúase como a terceira comunidade con máis desaparicións, precedida por Andalucía e Madrid.

Por E.P. | SANTANDER | 10/07/2017 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Fundación Europea polas persoas desaparecidas Sabe Donde global, QSDglobal, presidida por Paco Lobatón, activou no primeiro semestre do ano un total de 253 alertas por desaparición sen causa aparente, 27 delas en Galicia.

Pais de Diana Quer, desaparecida desde hai case un ano
Pais de Diana Quer, desaparecida desde hai case un ano

Deste xeito, Galicia sitúase como a terceira comunidade con máis desaparicións, precedida por Andalucía, con 36; e Madrid, con 28, segundo os datos da entidade.

Do total, segundo informou a fundación nun comunicado, resolvéronse o 78% (198), mentres que o 32% sen resolver deixa 55 novos casos que habería que sumar ás 4.164 alertas activas que presentou o ministro de Interior, Juan Ignacio Zoido, o 7 de marzo ao dar a coñecer o Informe 2017 sobre Persoas Desaparecidas.

Andalucía, Madrid, Galicia, Cataluña e Comunidade Valenciana son as comunidades nas que máis alertas por desaparición activou QSDglobal.

Por sexo, do total de alertas que rexistra a Fundación, nos seis primeiros meses do ano, o 69% corresponde a homes (176), e o 31% a mulleres (77). Por idade, o 73 das alertas corresponde a persoas maiores de 60 anos (28%), mentres que 41 son menores de idade (16%).

QSDglobal chamou a atención sobre o "alarmante" número de falecementos rexistrados entre maiores desaparecidos con Alzheimer ou outras enfermidades mentais e que se estima en máis dun por semana (de xaneiro a xuño foron achados sen vida 26), o que arroxa unha cifra anual superior ao medio centenar.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta