Temas: A ESTRADA

O 71% das contratacións do Concello da Estrada en 2016 foron a dedo

O BNG denuncia que dos 3.195.014,21 euros adxudicados polo consistorio, só 914.054,71 foron mediante concurso público.

Por Galicia Confidencial | A Estrada | 10/07/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O goberno do PP adxudicou en 2016 o 71% dos contratos de obras, subministros e servizos utilizando o procedemento de negociado sen publicidade e adxudicación directa, ou o que é o mesmo, a adxudicación a dedo. É a denuncia que fai o concelleiro do BNG, Xosé Magariños.

Facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2015, incluído reparación de camión de bombeiros
Facturas de Emersafe ao Concello da Estrada en 2015, incluído reparación de camión de bombeiros

Segundo explicou o portavoz do BNG dos 3.195.014,21 euros adxudicados polo concello, só 914.054,71 euros se adxudicaron mediante concurso público. O resto foi a dedo; en concreto, 1.630.033,91 euros mediante o negociado sen publicidade e 650.925,85 euros mediante a adxudicación directa. As adxudicacións mediante o procedemento de negociado con publicidade foron de cero euros.

“O alcalde dirá que a lei ampárao para adxudicar contratos públicos mediante o procedemento negociado sen publicidade, onde o goberno convida só a determinadas empresas a participar nos concursos, no canto de publicitar e abrir o abano de posibilidades entre todas as empresas interesadas”, indicou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños. “Sen embargo”, engadiu, “aí está toda a corrupción do caso Gürtel para demostrar que este procedemento que utiliza o PP da Estrada préstase para todo tipo de chanchullos”.

Esta información coñécese logo da demisión como coordinador de Protección Civil da Estrada de Carlos Faílde, quen, ademais de cargo do PP local, ten empresas que contrataron tanto co propio consistorio estradense, como con Vicepresidencia da Xunta.

"Abuso da lei de contratos"

"O goberno do PP fai uso e abuso da lei de contratos da administración pública e os datos da Conta Xeral demostran que a xestión do PP é escurantista, pouco transparente e, vendo o que está a pasar co caso Failde, a sombra do sospeita sobrevoa o PP da Estrada”, denuncian desde o BNG.

Gráfico coas adxudicacións do Concello da Estrada en 2016
Gráfico coas adxudicacións do Concello da Estrada en 2016 | Fonte: BNG

Por iso, esta formación rexistrará nos próximos días un escrito onde pedirá un desglose “con nomes e apelidos e importe” de todas as adxudicacións de 2016 para fiscalizar a xestión do PP porque cren que "é escurantista e pouco transparente como se acaba de ver”.

Para o BNG as adxudicación públicas deben estar libre de toda sospeita. Neste sentido, o concelleiro nacionalista propón que “con carácter xeral aqueles contratos que deba realizar o concello (con provedores, de obras, …) realizaranse por procedementos que inclúan a publicidade fuxindo das adxudicacións directas e os Negociados Sen Publicidade (obviamente naqueles nos que polo obxecto e contía a lei non o esixe), establecendo un Regulamento Municipal de Contratación, así coma a publicación de todos os contratos e un estrato anual dos pagos realizados a cada unha das empresas que inclúa a razón social, o concepto e o importe abonado polo Concello".

Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Á esquerda, o alcalde da Estrada, Rueda e Faílde, de uniforme, nun acto oficial na Estrada nunha imaxe da web de Vicepresidencia
Temas: A ESTRADA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

3 Un concelleiro... e de milagro

O BNG da Estrada é tan representativo do que pensan os estradenses como o meu can na miña casa. O mellor exemplo é que o irmán do candidato do BNG tamén está na executiva do PP, igual que estaba Faílde

1 celidonio

que as casas da Estrada esten inzadas de piollos e carrachas non quere dicir que a maioria, os que teñen parasitos, sexan os modelos a seguir en limpeza. valo pillando?

2 Estradense de toda a vida.

Celidonio. Piollos e carrachas hainas en Monte Arca, non bichos pagados polo BNG a fondo perdido xunto coas comisións que papastes os amigos do Canalete. Quen sombra ventos recolle...

3 Inepcia_e_cotilleo

Non sei, perdinme algo seguramente: ¿Hai algún goberno do PPsoe en Galiza que teña o éxito e bó facer do BNG en Allariz, ou Pontevedra ? ¿Hai algún que fixera algo semellante dos das Mareas? ¿ Entón qué pasa? ¿Qué vos proe? Se tedes moitos concellos os do PPSoe+ Mareas e FRACASADES, ¿non será que sodes ineptos e que a xente vota por vós non precisamente porque o fagades ben? Oes, que tamén pode ser porque realmente o fagades estupendamente e no resto do mundo ainda non se saiba. A ver logo: ¿Cántos premios lle dariades á Coruña e seu monte de m_rda que viaxou á praia? ¿e aos dinosetos de Vigo? ¿Hai algún dos vosos que libre de ser unha morea de lixo? Se o BNG ten un concelleiro soamente na Estrada ¿non será por iso polo que só aparecedes nas novas do que está mal feito?

2 Estradense de toda a vida

O Xosé a protestar, sempre foi o seu, todo menos traballar. Os catro anos que estiveron cansáronse de amigos enchufar, máis agora pareceo olvidar. Ai Xosé!! Quien te a visto y quien te ve, no hace mucho andabas pidiendo un puesto a dedo a los del BNjé.

1 LOR

¿E cantas contratación do Concello da Coruña se fixeron a dedo a asinantes do manifesto de Marea?

1 Canso

Por favor que saia todo a flote canto antes en beneficio dos cidadáns.
Grazas