O Noia FS é de Segunda

O club barbancés cumpre cos requisitos da LNFS para ocupar a praza do Cerro Reyes estremeño na categoría de prata e pasa a chamarse Noia Portus Apostoli FS tralo convenio de colaboración co Concello.

Por gcdeportes | Noia | 10/07/2017 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

O soño feito realidade, nas verbas do seu director deportivo. O Noia FS ocupará a praza do estremeño Cerro Reyes tras cumprir cos requisitos da LNFS para o ascenso e xogará a vindeira campaña na Segunda División. Ademáis, pasará a chamarse Noia Portus Apostoli FS, tralo convenio de colaboración firmado co Concello.

Javi e Severino Barreiro, o alcalde Santiago Freire e o concelleiro Ramón Santos, confirmando o ascenso.
Javi e Severino Barreiro, o alcalde Santiago Freire e o concelleiro Ramón Santos, confirmando o ascenso. | Fonte: @NoiaFutbolSala

Para confirmar a boa nova e solventar as dúbidas sobre o futuro do club barbancés, compareceron este luns Severino e Javier Barreiro, presidente e director deportivo do Noia FS, xunto ao alcalde de Noia, Santiago Freire, e o concelleiro de Deportes, Ramón Santos.

Trala confirmación do ascenso por parte da LNFS e arroupado por parte da directiva, o presidente anunciou que "o Noia Portus Apóstol FS é xa equipo de Segunda División”, porque “o pobo de Noia necesita e merece un equipo nesta categoría”. Severino Barreiro agradeceu o esforzo de colaboradores e patrocinadores do club, xa que “é un reto importante para este club como institución, pero con traballo e esforzo conseguirémolo”.

O alcalde Santiago Freire destacou a importancia para a vila “pola repercusión que terá a nivel estatal e o Concello ten que estar á altura das circunstancias e dar o apoio económico para que este proxecto se consolide”.

Pola súa banda, o director deportivo, Javi Barreiro, incidiu en que “ao Noia FS lle pertence a praza por méritos deportivos”, tras non cumprir o Cerro Reyes cos requisitos da LNFS para o ascenso. Agora a prioridade é atopar adestrador, xa coa mente posta na configuración do plantel que ten que “ser competitivo para acadar a permanencia na categoría, que é o obxectivo desta tempada”, apuntou Jabi Barreiro.

O primeiro en tomar a palabra foi Ramón Santos, concelleiro de Deportes emocionado polo seu paso como xogador polo club, quen fixo un chamamento á afección e ao pobo noiés para apoiar este novo proxecto porque “vai poñer o nome de Noia no mapa”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta