Temas: ETA TERRORISMO

Hai que lembrar a Miguel Ángel Blanco ou a todas as vítimas de ETA?

Os populares de Santiago propoñen colgar unha placa en memoria do ex concelleiro popular en Ermua e aproveitan para incluír a “outras vítimas” da cidade. Podemos e PSOE denuncian que haxa “categorías” entre os asasinados de ETA.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O PPdeG quere aproveitar o 20 aniversario do asasinato do ex concelleiro do PP en Ermua, Miguel Ángel Blanco, e ir máis alá das homenaxes. Sabedor da polémica aberta en numerosos concellos do Estado ante a negativa de Podemos e do PSOE a sumarse ás actividades programadas polo PP para lembrar a este edil, o portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Santiago, Agustín Hernández, anunciou que o seu partido proporá unha moción ao pleno para solicitar que se colgue unha placa en memoria de Miguel Ángel Blanco.

Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic
Imaxes do atentado de ETA contra a casa cuartel de Vic

Para evitar as críticas do grupos do goberno e doutros da oposición, os populares queren tamén que esa placa sirva para homenaxear a outras vítimas do terrorismo vinculadas con Santiago. E o certo é que Miguel Ángel Blanco, a pesar de ser de pais galegos, non tiña ningún vínculo coa capital galega.

Entre estas vítimas relacionadas "directa ou indirectamente" con Santiago están Ricardo Couso Ríos, un garda civil natural de Santiago asasinado en Biscaia a mans de ETA; Pedro Cabezas González e Constantino Limia Nogueiras, asasinados polo Grapo no Banco de España en 1979; Manuel Vázquez Cacharrón, asasinado tamén pola banda Grapo en 1978; e María Mercedes Domínguez, vítima dunha explosión provocada polo Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC) en 1990.

“Memoria e dignidade”

“A moción pretende de maneira clara ser un recoñecemento á dignidade, á memoria e á xustiza das vítimas do terrorismo porque é importantísimo que as administracións fagan ese tipo de actos”, indicou Hernández.  "Consideramos máis interesante pedir unha placa que unha rúa porque somos coñecedores de que existen moitas peticións de rúas na cidade e é un tema que non admite espera", engadiu.

Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona
Vítimas do atentado de ETA no Hipercor de Barcelona

O anuncio dos populares composteláns coincide co vixésimo aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco. En varios concellos impulsáronse actos para lembrar a súa figura e, precisamente, na capital de España xerouse polémica porque a alcaldesa, Manuela Carmena, rexeitou colgar unha foto na sede municipal da vítima, ao considerar que "non ten moito sentido" e "para non facer unha situación de menosprezo dunhas vítimas en relación a outras".

Precisamente, tanto Podemos como o PSOE criticaron que só se lembre a Miguel Ángel Blanco e non ao resto dos 829 asasinados por ETA e denuncian que hai “categorías” dentro das vítimas. De feito, nunca antes se fixeron homenaxes semellantes polas grandes masacres cometidas por esta banda como foron as matanzas do Hipercor en Barcelona (21 mortos), a das casas cuartel de Vic (10) e Zaragoza (11) ou a da praza da República Dominicana en Madrid (12).

Temas: ETA TERRORISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

12 Antinostrus

Pois eu sigo a pensar que coa cantidade de Asesinatos cometidos durante Dous Mil Anos en Nome de Cristo e da súa Igrexa (algo comprobabel e verficiabel) o nick "En Cristo me Honro" poderia considerar-se Ofensivo para esas Víctimas e os seus Descendentes....sen embargo non solicito "axuda represiva" nin madeira contra o Deshonrador (moi ao estilo da tradición cristián, para estos casos, por certo: Inquuisición, Listas Negras,....) a un Ministerio de Interior dun Governo que apoia a Corruptos......abónda-me con pólo de manifesto......(e que non mo Censuren, por fa...).........maior desgraza, aínda, é subsistir, no pelexo dun Porcus Nostrus, cun salariomercenarial de mileurista e hai a quén non lle queda outra.....

1 nostrus

Cala, baballan!!!!, o mes pasado fixo trinta anos que traballo pola miña conta e sempre vivin de pta madre. O miserable es ti, que es un morto de fame que pensa que repartindo a riqueza dos galegos entre os galegos che vai tocar mais, pero nunca te parache a pensar para que co-ño te queren os ricos a ti

2 Antinostrus

Agora xa me explico o do teu Nivel Intelectual de Paramecio Mareado...trinta anos metido no Cortello tendo á Maseira como todo divertimento e expedindo números, aos visitadores, para montaren, con orde e consenso, a túa Nai Porca Nostrus é-che moooitooooo de deus!!!!.....sae-vos un Cipaiomononeuronal, Succionador de Ortos Españois, ou con ámbos os dous empregos á vez como mais idónea elección.......

11 crimen da demodesgracia

Ninguna fuente oficial ha podido determinar con certeza las circunstancias exactas en las que resultaron muertos tres jóvenes por disparos de la Guardia Civil, en la madrugada del pasado día 10, en una carretera comarcal de Almería. Durante la jornada del domingo se sucedieron las informaciones, todas confusas, acerca de cómo se desarrollaron los hechos. Las fuentes de la Guardia Civil, que en un principio ofrecieron información, apuntaban la posibilidad de que las víctimas fueran miembros de ETA. Las últimas informaciones oficiales, facilitadas por el Ministerio del Interior, aseguran que los tres jóvenes muertos no tienen ninguna vinculación con esta organización terrorista, y de las mismas han desaparecido las alusiones al carácter de delincuentes comunes que, en algún momento, se llegaron a hacer en medios policiales. - https://www.youtube.com/watch?v=M_A...

1 Valdeorras Nazón

100 millón de mortos polos comunistas. Recordemos que en Galicia ainda hai partidos comunistas legais. http://www.libertaddigital.com/mund...

10 Sesese

A imaxe do pai ourensan de ese mozo asasinado chegando a casa da obra na C15 e a imaxe dun paisano noso que como tantos tiveron que sair a traballar fora da nosa terra . E por riba perde un fillo a mans de nonseique política . DEP Miguel

9 galegoexiliado

Ten razón o concejal de Asuntos Religiosos de Santiago dos Perroflautas en pedir a canonización de San Miguel Angel e volver a encher os muros dos concellos e igrexas de placas conmemorando a los Gloriosos Caidos por Dios y por España, mentras o resto de caidos seguen no olvido ou nas cunetas. Franquistas sin complejos. España va bien.

1 Bisbardos

No mezcles churras con merinas. Lo que tendrían que hacer los comunistas gallegos era preguntar a sus camaradas vascos por los cuerpos de los tres jóvenes gallegos desparecidos por ETA en 1973. http://www.laopinioncoruna.es/contr...

2 urco

O que teriam que fazer os fascistas de orige galega e seguir o exemplo do dodo.

8 Galicia Confidencial

Tivemos que borrar algúns comentarios por conter insultos que van máis alá da discusión con argumentos. Tamén pedimos a outros que non utilicen a ameaza da censura para calar a outros lectores que poidan utilizar argumentos e razón para defender as súas opinóns. Desde logo, GC é unha fiestra aberta para todos, sempre que utilicen a razón e non o insulto ou a ameaza.

1 Nemo

Agradecido por la opción de libertad de opinión que dais, pero no se pueden confundir los términos. Los únicos que podeis censurar sois vosotros, y algunas veces con determinados caciques habeis sido muy "comprensivos". Sin embargo el ciudadano que advierte sobre la puesta en conocimiento de las autoridades de un posible delito cumple con su deber cívico. Ya está bien de tanta complacencia guay con el delincuente, sea del signo que sea.

2 Gamela

A Nemo gostaríame dicirlle que eses mesmos cidadáns que advirten dun posible delito xa o podían facer sobre calquera outro asunto que non sexa poñer en risco a LiBERDADE DE EXPRESIÓN (GC eliminou os comentarios ofrensivos) Non vaia ser que o que se busque sexa outra cousa diferente: SILENCIAR ao único medio de comunicación social que admite calquera intervención veña de onde veña... Iso sería un flaco favor aos dereitos de todas !!!