Beiras, en contra da "moderación do discurso" de En Marea que propón Villares

Os críticos unidos en 'Recuperar En Marea' rexeitan aumentar o soldo a quen perde diñeiro por entrar en política pero queren que haxa "dedicacións exclusivas" para os cargos orgánicos. Tamén se declaran "republicanos", fronte aos de Villares que din agrupar a movementos "de esquerdas, nacionalistas e non nacionalistas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2017 | Actualizada ás 20:44

Comparte esta noticia

O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras secundou este martes, a través das redes sociais, o documento do sector critico, agrupado baixo o lema 'Recuperar En Marea', e que se posiciona en contra da "moderación do discurso" e de converter a formación rupturista "nun partido clásico". Un posicionamento, o de Beiras, que volve ser diferente ao que mantiña ata o de agora, e e que o afasta de quen sempre defendeu como líder de En Marea, Luís Villares.

Xosé Manuel Beiras arroupa a Luis Villares na súa presentación como candidato de En Marea
Xosé Manuel Beiras arroupa a Luis Villares na súa presentación como candidato de En Marea | Fonte: EP

"En Marea só se pode entender como un suxeito en rebeldía permanente que non se somete á normalización política nin á homologación coas forzas do réxime", sosteñen os críticos. Ademais, no seu texto rexeitan a idea de que En Marea se converta "nunha máquina electoral" ou "unha organización de cargos públicos e cadros cuxo labor exclusivo sexa a conquista de espazos institucionais" que somete a este obxectivo "a súa acción e o seu discurso político".

Esta formación, segundo o seu criterio, ten que ser "un movemento popular activo" e organizado "para cambialo todo" sendo "conscientes de que non todo se cambia nas institucións do réxime".

"Somos movemento. (...) Negámonos a admitir a redución de En Marea a un partido clásico do réxime, destinado a concorrer no mercado electoral para participar na alternancia regulada de inquilinos nas institucións", recalcan os críticos.

"IMPUGNACIÓN DO RÉXIME"

En canto á súa visión política, este sector define a organización como "unha ferramenta destituínte e de constitución republicana" que "entende que o pobo galego é un suxeito político con dereito a constituírse en república".

Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea
Ferreiro, Villares e Beiras nun plenario de En Marea | Fonte: Xurxo Guitián

O seu programa debe ser, segundo o mesmo texto, "republicano, feminista, democrático e igualitario" e asentarse sobre "a laicidade, a soberanía popular, o dereito a decidilo todo, a destrución do patriarcado e a socialización dos bens comúns". 

Finalmente, pon de manifesto que En Marea "non é un instrumento de representación", xa que "a maioría social non é representable". "É unha impugnación do réxime de representación tamén nas súas propias estruturas e o seu funcionamento", conclúe.

"ALTERNATIVA POLÍTICA" DE VILLARES

Se os críticos consideran En Marea un "instrumento político da maioría social", o sector liderado por Luís Villares mostra o partido rupturista como "alternativa política das maiorías sociais".

Nun documento que reivindica os "resultados razoablemente bos" obtidos por En Marea nas últimas eleccións autonómicas, defende que debe actuar como un "movemento-instrumento eficaz" para "a defensa dos dereitos individuais e colectivos" dos galegos.

"Ten que deseñarse na relación coa sociedade como a canle de participación política da maioría social galega", agregan, á vez que avogan por "unha ampla alianza" das forzas "de esquerdas, nacionalistas e non nacionalistas, en Galicia e o conxunto do Estado" para "apartar do goberno ao corrupto PP".

RELACIÓN COAS MAREAS MUNICIPAIS

Outro dos aspectos nos que as emendas ao plenario do próximo sábado evidencian as diferenzas entre os dous sectores principais de En Marea é na relación coas mareas municipais.

En concreto, os oficialistas apostan por unha regulación desas interaccións, mentres os críticos reivindican a independencia "absoluta" dos entes locais. "Terán a iniciativa na súa relación con En Marea a nivel nacional", defenden os segundos, mentres os primeiros queren subscribir "un protocolo marco de colaboración" que inclúa os recursos "humanos, materiais e financeiros".

CARTA FINANCEIRA

O sector agrupado baixo o lema 'Recuperar En Marea' tamén rexeita a proposta oficialista de compensar a quen perda cartos como consecuencia da súa entrada en política.

Nas súas emendas, ademais, coincide co equipo de Villares en que a condición de membro dos órganos do partido "non dará, per se, dereito a ningunha retribución". Pero engade un matiz: "fóra das persoas que poidan ser nomeadas para algún traballo de dedicación exclusiva a En Marea".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

10 Do suco

Todas estas trapalladas e traizóns veñen porque ninguén puxo orde no nacionalismo cando había que facelo...Entrementres estes vendepatrias enredan co comunismo españoleiro e mais co vicio, a nación galega aínda máis estragada e humillada por Feijoo e a súa banda.

9 Ateafarta

Ai, que todo podería ter sido tan diferente... Tan positivo, se os deputados das Mareas en Madri fosen do BNG, gobernaría España o PSOE en pacto con Ciudadanos, co apoio do BNG. Pois, no BNG precisamos colocar cadros... Non só Ferreiro necesita situar asesores mareados... E en Lugo estamos en precario, sen Concello grande e con menos pequenos, sen Deputación, sen delegacións da Xunta, sen remesas de Madri... A nosa capacidade é recoñecida, terei que repetilo centos de veces, insistirei con mil nomes, aturarei insultos machistas, aliareime cos comentaristas retros... Entre todos acabaremos cos mareados! Agora, como de costume, deixovos un vídeo para que vexades como traballamos os do BNG cando nos votan e asesoramos: https://www.youtube.com/watch?v=kcJ...

1 Tuxe do Bolo

Kollona, ahí falaches! Biban os porquiños amamantados polo BNG!

8 Ateafarta

Mi ma: http://www.sermosgaliza.gal/articul... E mentres, eles andan coas súas liortiñas de quítame ti que agora me toca a min que o dixo o gran xefe: http://www.sermosgaliza.gal/articul... E o máis irónico é que moitos destes mociños que se foron votáronos... E ata tiñan esperanzas...

1 BNG aburre.

A ver, Kollona. Convéncete dunha vez de que a NINGUÉN fóra dos 4 que ficades no BNG nos importa o que diga/invente o Sermóns Paliza. NINGUÉN vos le. Deixa xa de nos aburrir coas ligazóns do voso panfleto, anda.

2 Ateafarta

Bee.... A culpa é dos outros, que mal nos tratan os medios, manteremos as alcaldías do recambio en sinerxía converxencia... Que siga o circo porque nos divertides moito. http://www.lavozdegalicia.es/notici... Por certo, moi interesante o último parágrafo e os teus hargumentos cada día mellorando. E isto, tamén o inventei eu: http://www.lavozdegalicia.es/notici... Que pases boa tarde. A verdade é que a min vendo a este de novo aliado coa outra xa non sei se me causa risa ou pranto histérico... De todas maneiras, non te preocupes, a min encantame o marxismo de Groucho: " Estes son os meus principios... Se non lle gustan teño outros". Boas tardes ou, mellor: beeeee!

3 Ateafarta

Ai, ai, a hemeroteca (a ver, se non sabes o significado seguro que si sabes que hai dicionarios) coma nos traizoa: http://www.farodevigo.es/galicia/20... E non sigas... Que estou sendo moi boíña...

7 Ateafarta

Oh, e isto que o hai que celebrar cun haka? Ou hai algunha outra cerimonia para saludar as palabras do gran ex-líder que volve a liderar e que ata hai uns días supoñíase que apoiaba a Villares. Pobre, Villares, pero mira que cho dixen neste foro: onde e con quen te metes ho? Ánimos eu, de verdade, ás veces ata soño que os galegos recuperan o sentido común e pensan en que elixiron coma deputados para Madrí a Toné, laYoli, Pam, o poeta de Lugo... Ai, que peniña me dá Ghalisia. https://www.youtube.com/watch?v=QUb...

6 Gamela

pero os críticos teñen que mirar con calma a "independencia das mareas municipais" pois esa mesma "independencia" está a servir para construír cativos reinos de taifas que lonxe de facer fronte ao PP-PSOE empregan as súas artes para "medrar en política" (medrar en política local ás veces consiste en pasarse a vida enteira dicindo que fan oposición) O exemplo da Marea de Vigo é de libro, nin fan nin deixan facer... Rubén Pérez en alianza con Eva Solla teñen xa minado o territorio de En Marea en Vigo (mentras empregan os seus medios materiais e humanos para enquistarse nos cargos Institucionais pola p uta cara!) https://goo.gl/L8xKOh