Temas: CASTROS DODRO

O Concello de Dodro pide que se volvan plantar eucaliptos nun castro que acaba de ser posto en valor

Abríu un "expediente de reposición da legalidade urbanística" á comunidade de montes e veciños que o limparon, algo que é a primeira vez que acontece na limpeza dun xacemento.

Por Galicia Confidencial | Dodro | 12/07/2017 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O pasado 4 de xullo o concello de Dodro abríulle un “expediente de reposición da legalidade urbanística” á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común “Cruz do Avelán” que, en colaboración coa Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño e a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro, puxeron en valor o castro de Bexo limpando a súa croa de todos os eucaliptos, especies invasoras e toxo que o cubría.

Vistas do Ulla desde o castro de Bexo
Vistas do Ulla desde o castro de Bexo | Fonte: XS

É a primeira vez que un concello abre un expediente urbanístico deste tipo a un proxecto social de limpeza dun castro, xa que este tipo de procedementos soen estar reservados a bens inmobles dos concellos, pero non a monumentos arqueolóxicos en ruínas que están no medio dun monte. E cales son os argumentos do concello para abrir este insólito expediente?. Máis na web colaboradora Historia de Galicia.

Temas: CASTROS DODRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Eucaliptos fora de Galicia!

Cando vos fagades vellos e estedes a morrer ides ver para q valen os cartos.....!! E mentres en Francia explotan a madeira dos carballos cunha xentión sostible dos seus bosques dende fai décadas!! aquí somos uns pailaniños que tomamos a limosna de ENCE patara plantar eucaliptos nos nosos montes e destrozar o país!! Unha empresa de Madrid que paga os imostos e Madrid....pero iso si despois retíranse ahí as vacas sagradas do PP!! Ao final Galicia ten o que merece nen máis nin menos!!

1 Francés

Pouco fuches a Francia....

1 Eucalipto si stop carballo

Pediron o correspondente permiso a patrimonio, informe arqueolóxico incluído e esperaron 6 meses pola resposta? Posiblemente non. Así que espero que os sancionen. Digo esto porque as empresas de madeira teñen que gastar cartos para facer a corta neses informes e senón sanciónanas polo que supoño que a lei será igual para todos. Ou neste periódico hai cores e só se critica a unha parte?

1 Leaderjof

E cando os prantaron pediron permiso..polo que dis a Lei igual para todos. A parte, claro, que o patrimonio é patrimonio e polo tanto de todos.

2 Eucaliptos fora de Galicia!

A mafia forestal xunto cos caciques locales corruptos e os seus lamecús....son un cancer para Galicia!! Galicia ten moitos más valores que explotar nos seus montes que estragalos cun monocultivo de merda!!

3 Xiq

A lei marca un perímetro de protección de 50 metros pata un castro catalogado por patrimonio. É ilegal volvelo a plantar. Os eucaliptos frecuentemente estan ocupando xacementos catalogados e teñen que arrincarse, por non falar das múltiples irregularidades que incumplen.

4 Fóra mafias

Eucalipto si stop carballo,si letras a noticia e foras a web de Historia de Galicia non dirías tantas tonterías, pero bueno ,con ese nome así che vai ,por bocazas

5 Carballo sp invasora

Leaderjof. Si si de todos pero nas leiras duns cantos que pagaron por elas. Canto lle das ti ao propietario por aguantar alí o Castro? Canto lle paga alguén? Aquí moito mandar pero nas leiras dos outros.

6 filibustero

Penso que ten que tomar o caso o fiscal do caso Alsasua, e solicitar seiscentos ou setecentos anos de prisión por insurxencia terrorística culturo-histórica.

7 Un ninguén...

Si se lera a noticia, xa se vería que están todos os permisos e baixo control arqueolóxico. Mal vicio comentar os titulares.... Non é unha plantacion, senón que naceron alí...