O PSdeG pide eximir de taxas xudiciais as denuncias en defensa do medio ambiente

Reivindica a inclusión destes procesos no dereito á xustiza gratuíta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/07/2017 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

A portavoz de Xustiza e Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, presentou este xoves, coincidindo coa conmemoración do día da asistencia xurídica gratuíta, unha proposición non de Lei para eximir das taxas xudiciais ás persoas e colectivos que inicien un proceso en defensa do medio ambiente.

Contaminación do rego de San Fins, en Lousame / ADEGA Contaminación do rego de San Fins, en Lousame / ADEGA
Contaminación do rego de San Fins, en Lousame / ADEGA Contaminación do rego de San Fins, en Lousame / ADEGA

A responsable socialista trasladou á Cámara autonómica as protestas das asociacións ecoloxistas, que alertan do encarecemento notable dos procedementos contra proxectos que implican graves impactos ambientais, facendo imposible de facto o inicio daqueles procesos.

Así, sinalou que organizacións como Amigos de la Tierra, Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/Birdlife e WWF teñen reclamado á ministra de Medio Ambiente que cumpra co compromiso do Goberno do PP de incluír ás ONG ambientais dentro dos suxeitos con dereito á xustiza gratuíta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Enrique Castro

Pues debería preguntar esta diputada al Presidente de la Diputación de A Coruña (Formoso de su mismo partido y Alcalde de As Pontes) por que firma resoluciones administrativas por embargos inferiores al SMI a perceptores de la RISGA, conduciendo al contencioso administrativo por vía judicial y acudiendo el afectado (perceptor de la RISGA) a la Justicia gratuita para poder recuperar los 152 euros embargados ilegalmente por la autoridad provincial.