La Voz e El Progreso gañan os concursos que lles deseñou a medida Medio Rural

A Xunta pagará 125.000 euros a cada xornal mediante uns concursos negociados sen publicidade, nos que en teoría debería haber competencia pero que en realidade estaban amañados dende o mesmo título. Documentación no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 15/08/2010 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Como non podía ser doutro xeito, La Voz de Galicia e El Progreso de Lugo acaban de facerse con cadanseu concurso de 125.000 euros lanzado pola Consellería de Medio Rural. Os dous diarios son xa adxudicatarios provisionais duns procedementos sometidos en teoría a concorrencia e publicidade que marca a lei, pero que, como apunta este domingo Xornal, en realidade están redactados para encargarllos a dedo a estes dous medios de comunicación.

Velaí as adxudicacións a La Voz de Galicia e a El Progreso de Lugo.

Os títulos dos concursos non deixan lugar a dúbidas. De feito, mesmo desaniman a calquera publicación rival a presentarse. Son “servizo de difusión e divulgación de información agrogandeira e forestal no xornal de maior difusión da provincia de Lugo” e “servizo de difusión e divulgación de información agrogandeira e forestal no xornal de maior difusión dentro da provincia da Coruña”.

Medio Rural escolleu ademais o tipo de concurso que máis limita a competencia, o negociado sen publicidade. Este tipo de promete permite que as bases non se publiquen nin no DOG nin en ningún boletín público, e que a Administración escolla entre as ofertas presentadas por empresas seleccionadas pola propia consellería. Iso explica que que a Plataforma de Contratación da Xunta publicase o mesmo día, o 2 de xullo, as bases dos procesos e a súas adxudicacións provisionais. A adxudicación definitiva foi asinada o 3 de agosto.

Estes contratos a dedo con La Voz e El Progreso chegan en plena campaña de incendios, cando a política do conselleiro Samuel Juárez é o foco dos medios de comunicación. Un dos criterios que valorou a Xunta para seleccionar estes xornais foron o “grao de adecuación” da súas noticias ao “interese público”. 

Os 300.000 euros entregados a dedo a estes xornais contrasta coa recente redución das axudas para os medios 100% en galego, que si se reparten mediante un cocurso publicado no DOG e con criterios obxectivos.

 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

4 Jose

Comprar o silenzo dos erros na política forestal.

3 Rodolfo

¿Que tipo de concurso tiña Xornal de Galicia coa Vicepresidencia da Xunta cando metía "especiais" pagadas polo departamento de Quintana? ¿Eran negociados? ¿Había publicidade? Estaría ben contar toda a película, non só a parte que nos interesa. ¿Ou non?

1 rosebud

Que especial incluiu xornal de galicia pagado por quintana rodolfo?, eu non lembro ningún,e non será porque non leo xornal. XdeG sae o 9 de decembro do 2009 e non entrou nos presupostos para axudas á prensa no bipartito nunca. A súa publicidade institucional foi sempre anecdótica. Se seguise o bipartito ó mellor sería como dis, pero na realidade dos feitos non foi así, asíque deixa de intoxicar.

2 Eugenio Pombo

Y tu mas.......que agora xa non governa o bipatito tio,ou inda non te enteraches.Os outros xa os largaron e son estes PPolos os que teñen que dar as explicacións e unha cousa pue tamén criticaron pero agora eres fano 100 veces pior.Serás PPaián.

3 rosebud

en decembro do 2008, perdon polo erro. Por outra parte o desta xunta con lacoz é de traca. O nunca visto. E ademáis en plena crise. No primeiro ano de goberno lavoz xa levaba máis de 700 millóns de pesetas. La voz vende en quiosco menos de 50000 exemplares/día, o resto ata máis de 100000 de difusión pagámolo entre todos. E iso non debería ser así non che parece?

4 Eugenio Pombo

Mellor Rodolfiño so che digo unha cousa.....y tu mas pero mira si eres PParvo que os do bipartito xa non están e iso non lles da dereito de dar os cartos do pobo os medios afíns xa que eles antes criticábano.

5 roi

BOICOZ BOICOZ E BOICOZ, as empresas que se anuncian tanto na Voz de Galicia como no progreso, fagamos unha campaña para retirar cartos do Bacno Pastor, que é un dos principais soportes da Voz de Galicia, eu xa saquei todo o que tiña alí, e agora dise que non anda moi ben, e despois Caixa Galicia igual, Fontecelta igual, Rede Ford de Galicia igual, e así, identifiquemos os que lle dan cartos a esta mafia e non lles deamos un duro.

6 Rodolfo

Poñédevos tranquilos que vos noto moi nerviosos a todos. Paréceme perfecto que distingades "bos" e "malos". Eu teño serias dificultades, porque para min son todos "malos". Si Rosebud, un especial de Vicepresidencia sobre as galescolas. Se non o lembras vai a unha hemeroteca e revisa. Xornal non tivo tempo para chupar (como chuparon os outros, TODOS) porque estivo 3 meses en activo ata que cambiou o goberno, non lle deu tempo. Non hai prensa boa (boicot? menudos pailáns), son todos empresarios que miran polo seu, todos. E non hai goberno bo. Ningún.

7 rosebud

Xa mirei nas hemerotecas e non o atopo rodolfo. A ver se o atopas tí, e aportas algún feito... O bipartito soltoulle á prensa menos do 20% do que soltaba don Manuel, exministro de información e turismo e que sabía o que facía. Parte desa pasta estaba blindada por gobernos anteriores,como as subvencións a el correo gallego/Galicia hoxe. Para mín son todos malos, pero os máis malos sen dúbida son os de agora, porque criticaron cousas que agora fan multiplicadas, alomenos o bipartito facíaas pero menos. O de todos son iguais tamén o tí a miña avoa antes de ir votar, pero á hora de votar vota ó PP con exclusividade, na vez de repartir un pouco para todos. Ese é o problema que Sí, que Hitler é moi malo, pero se é que todos son iguais home¡¡, e se non votas a Hitler a quen votas?.

8 xose

Rodolfo, defender LVG e ser antigalego. Non sexas mentireiro, xornal de Galicia non tivo nin ten publicidade institucinal (ou practicamente), en cambio LVG, se non fora pola subvencion teria desaparecido; de todas formar é cuestion de tempo, e non moito, pois é imposible a supervivencia dun medio cando milleiros de persoas esta a facer campaña negativa diaria conta a LVG. Cuestion de tempo

9 chupachups

Idem que na TVG, paga o imposto revolucionario, para que non molesten. Empresas privadas financiadas pola administración e se preguntamos a Bruselas que pensarán????

10 recatelo

Coincido que todos son iguais, pois os de agora e sempre non hai por onde collelos e os que tiveron unha oportunidade de amosar outro xeito de exercer na política venderon aos que neles confiamos. Sobran argumentos. E sobre o Xornal só lembrar que naceu cun pecado orixinal: a cambio do vento para o grupo San José. E non foi obra do PP precisamente tal intento de concesión eólica, nin era do PP o que paseaba no iate da construtora. Entón, sexamos serios, todos están pillados. A solución: desfacernos desta casta política e crear alternativas.

2 santurce

Merda de país

1 Alfonso García

Vaia, e namentres, El Progreso cun ERE agochado en Diálogos Comunicación. Estes cartiños serán para negociar mellor o "ben" que imos tratar aos nosos candidatos cara ás eleccións municipais, non vaia ser, pois a Deputación tamén anda a gastar moitos cartos en dicir o ben que o fai, e nela están agora os "outros".

1 suso

...e que na Deputación de Lugo segue o caciquismo feroz, agora os beneficiados obedecen a Bao da UPG/BNG e a Gato do PSOE, como antes o facían co Cacharro do PP. E logo virán a dicirnos que a nosa abstención propicia a volta do PP, cando eles manteñen o mesmo chiringuito clientelar.