Temas: EN MAREA PODEMOS

Podemos abre máis a fenda en En Marea e cuestiona o modelo de partido

"Non participamos na construción de En Marea como partido", din dende a formación morada, que lembra aos seus deputados que non teñen que render contas na súa asemblea e Carmen Santos non acudirá ao plenario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/07/2017 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

A dirección de Podemos Galicia vén de abrir aínda máis a fenda aberta en En Marea e cuestionou este xoves, dous días antes do plenario do partido instrumental, a conversión desta "ferramenta electoral" nunha "nova organización política". "Non participamos na construción de En Marea como partido", remachou. De feito, a través dun comunicado para ratificar que Podemos non participará como organización na asemblea do sábado, criticou que En Marea "pretende ostentar baixo a forma de partido único a representación política e social do cambio".

Podemos Galicia.
Podemos Galicia.

Desde a perspectiva da directiva en Galicia da formación morada, En Marea é "unha ferramenta estritamente electoral" cuxo obxectivo era "dar cabida a unha maioría social que necesitaba dun vehículo común" para "desaloxar o PP da Xunta".

Agora, á vista de que En Marea "continuou a súa propia folla de ruta" para "constituírse en partido", Podemos deixou claro que "non diluirá" nela os seus "principios éticos", o seu "proceder radicalmente democrático" para elixir os seus representantes e o seu "compromiso cun Estado plurinacional e fraterno".

Nesa liña, defendeu que, aínda que "a unidade é necesaria" como "único modo de conseguir o cambio político", non é "un fin en si mesmo" que leve a construír un novo partido. E menos, proseguiu, con "liñas políticas que non sempre responden á renovación e a radicalidade democrática que a sociedade galega reclama".

RENDICIÓN DE CONTAS

En canto á rendición de contas dos deputados ante a asemblea de En Marea, Podemos lembrou que só están obrigados a facela ante os inscritos na formación morada e os votantes da forza rupturista.

"Non temos ningunha obriga con En Marea-Partido, como non a temos con ningunha das outras formacións coas que participamos no devandito espazo", conclúe o comunicado.

Este pronunciamento chega pouco despois de que catro dos cinco representantes no Congreso (Yolanda Díaz, de EU; Ángela Rodríguez e Antón Gómez-Reino, de Podemos; e Miguel Anxo Fernán Vello, de Anova) avanzasen que non irán render contas do seu traballo parlamentario.

No caso dos representantes no Hórreo, de trasladar o informe sobre a actividade do grupo encargarase Pancho Casal, segundo el mesmo informou. Aínda que é militante de Podemos, este labor realizaraa por encargo dos 14 deputados que conforman En Marea.

Pola súa banda, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, quen tamén ocupa unha das viceportavocías parlamentarias de En Marea, non acudirá o sábado ao plenario porque, sinalaron fontes da súa contorna, ten outro acto do seu partido en Madrid.

Temas: EN MAREA PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 34 comentarios

19 Cheira a Xeira

Eu solucionaba todo no ring... Ou na rúa, tampouco hai problema

18 Cheira te pega

Outra vaca no millo que divertido vai ser! Preparen as pipocas.

17 LKI

Algún trol do BeNeGá “comentando” por aquí? http://www.galiciaconfidencial.com/... Algún trol do BeNeGá “comentando” por aquí? http://www.galiciaconfidencial.com/... Algún trol do BeNeGá “comentando” por aquí? http://www.galiciaconfidencial.com/... Non, por suposto que non. Estes todos son colegas. Que digo colegas? Son o Amo.

1 LKK

Se para algo esta servindo o espectaculo é para deixarvos co ipurdi ao aire aos que estabades seguido con que la upegá con que o benegá. Ao final érades vos

16 Sube a Marea

A Marea camiña forte e unida cara ao poder, e o sábado vaise plasmar a forza do pobo, porque En Marea representa a voz dos humildes, da xente do común, cun líder fortalecido (Luís) e unha militancia activa e comprometida. Mágoa que no BNG non se dean conta disto e, no canto de dividir e desilusionar, sumen as súas forzas á Marea. Avante Marea!!

1 Amén

Como la flipas!

15 M. Meixide

O curioso do asunto son os comentarios. Por unha banda os do benegá, uns facéndose pasar por votantes/militantes mareados que perderon a virxinidade e a ilusión, otros con aire de superioridade, pois eles xa o sabían, xa avisaran, que esperaban os ilusos... Esperan que algunhas ovellas volten ao rabaño do BNG onde as espera o lobo para guardalas, pobres trincadores que non entenden que o tempo do BNG xa pasou! Pola outra os tapa-tapa Mareados de verdade, que no lugar de tratar de explicar o acontecido, xa nin se molestan... Atacan directamente ao que comenta, non hai defensa do indefendible e vanse polas nubes. Quedan en evidencia de xeito descarado: Podemos é quen manda, as Mareas é unha marca branca! E os deputados rinse das bases, da organización, son una bocazas, unha élite ou neocasta! Xusto o contrario do prometido! Abonda de impostores!

1 LKI

O acontecido é ben doado de explicar. EU e o sector "carmenista" de Podemos-Galiza (o outro sector participa activamente nas mareas munipalistas e sí vai acudir) non van participar do Plenario nacional porque non teñen militantes de verdade pra mobilizar e gañar unha asemblea presencial. Teñen "militancia" virtual, pero non real. E se dín que van, quedan en pelotas amosando as súas cartas. É ben doado. E os do BeNeGá, que se sigan facendo ilusións e ríndose dos demais mentres o seu barco afunde. Non dan pra máis.

2 M. Meixide

Ben, compremos a explicación. Se EU (léase PCE) e o Podemos oficial non teñen "militantes de verdade pra mobilizar" --concordo-- por que teñen tanta presenza nas listas, nos postos de saída, copando cargos electos? Por que de cinco deputados en Madrid hai catro que non representan cidadáns e si ao dedo e cuotas de partidos? Por que os representantes das Mareas están controlados por Podemos e PCE? Que diferenza hai entre servir á UPG ou a PCE ou Podemos da Complutense? ... Non reclamo a volta á disciplina do BNG, para nada, só que digamos claramente que na conformación das Mareas cometemos os mesmos vicios dos que antes fuximos! Que a experimentación é precisa! Erramos, recoñézase, rectificar é posible, non persistir cos ollos vendados! A limpeza é a base, temos aproveitados e farsantes a bordo copando os postos representativos! Non precisamos compañeiros que antepoñen intereses privados ou de partido aos do común!

3 Ola loquito Meixide

Te tomastes la pastillita louzanista